Andrónico IV Paleólogo
Andrónico IV Paleólogo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de abril de 1348 |
Lugar de nacemento | Constantinopla |
Falecemento | c. 28 de xuño de 1385 |
Lugar de falecemento | Silivri |
Soterrado | Mesquita de Zeyrek |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Ocupación | gobernante |
Pai | Xoán V Paleólogo |
Nai | Helena Cantacuzena |
Cónxuxe | Keratsa da Bulgária |
Fillos | Xoán VII Paleólogo |
Irmáns | Teodoro I Paleólogo, Manuel II Paleólogo, Miguel Paleólogo e Irene Palaiologina |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Andrónico IV foi emperador bizantino de 1376 a 1379.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era fillo de Xoán V Paleólogo, pero se rebelou contra o seu pai cando o sultán otomán Murad I obrigou a Xoán V a prestarlle vasalaxe en 1373. Andrónico aliouse co fillo de Murad, que tamén se rebelara contra o seu pai, pero ambas revoltas fracasaron. Murad mandou cegar ao seu fillo e esixiu a Xoán V que cegase tamén ao seu, pero Xoán só cegou un dos ollos de Andrónico.
En 1376, os xenoveses axudaron a Andrónico a escapar da súa prisión e a facerse co poder en Constantinopla. Con todo, foi inmediatamente atacado polos inimigos de Xénova, os venecianos, e foi destronado en 1379. Os venecianos repuxeron a Xoán V no trono. Andrónico intentou rebelarse de novo en 1385, sen éxito, e morreu pouco despois.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Xoán V Paleólogo |
Andrónico IV Paleólogo | Precede a: Xoán V Paleólogo |
Dinastía Paleólogo |