André Pena Graña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 (68/69 anos) Ferrol, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | historiador, arqueólogo, arquiveiro |
André Pena Graña, nado en Ferrol en 1955, é un historiador contemporáneo galego especializado en procesos históricos de longa duración e investigacións sobre a civilización celta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criouse en Menorca dos 7 aos 14 anos, logo volveu a Ferrol.[1] Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela, desde 1987 traballa como historiador, arqueólogo e arquiveiro do concello de Narón. Isto permitiulle realizar o estudo, factográfico, inter e multidisciplinar, de longa duración, antes, durante, e logo da dominación romana dunha comarca: "A Terra de Trasancos".
Foi secretario de organización de tres congresos internacionais Os Celtas da Europa Atlántica I,[2] II, III [3]; e, tamén secretario de organización do I Congreso del Instituto de Estudios Celtas Etnoarqueologia de los Celtas en Hispania;. Pena Graña é o actual decano do Instituto Galego de Estudos Célticos.[4] Activo defensor da civilización celta, de Galicia como berce dos celtas da Europa atlántica, restaurou, con base epistémica, os estudos celtas eliminados en Galicia trala guerra civil.
A súa aproximación con metodoloxía inter e multidiscipliar á arqueoloxía e á etnografía, creou un novo método que permite identificar institucións na prehistoria, unha nova rama da arqueoloxía, que vén enriquecer as xa existentes, desenvolvida na súa tese doutoral[5] Treba e Territorium, chamada por Venceslás Kruta "Arqueoloxía Institucional".
Obra
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- Narón un concello con historia de seu, Volume I. Sotelo Blanco, 1991, ISBN 84-7824-089-6.
- Narón un concello con historia de seu, Volume II. Kadmos, 1992, ISBN 84-87674-32-1.
- "O territorio e as categorías sociais na Gallaecia Antiga: un matrimonio entre a Terra (Treba) e a Deusa Nai (Mater)". Anuario Brigantino, 1130-7625, Nº. 17, 1994, páxs. 33-78
- "A importancia de Lóngaras" en Ferrolterra galaico-romana, coord. por V. Alonso Troncoso, 1997, 84-88991-12-6, páxs. 69-83
- Narón un concello con historia de seu, Volume III. Sotelo Blanco, 2001, ISBN 84-7824-089-6.
- Narón. Unha historia ilustrada na Terra de Trasancos, xunto con Eva Merlán Bollaín e Alfonso Filgueira López. Baía Edicións, 1995, ISBN 84-87674-77-1.
- A orixe dos coutos, das xurisdicións dos escudos e das bandeiras municipais galegas. Narón: Vexiloloxía e heráldica. Concello de Narón, 2002, Depósito legal: C-1598/2002.
- Santa María Maior de O Val, Narón: Unha Parroquia con Celtas Reminiscencias na Terra de Trasancos. Fundación Terra de Trasancos, 2004.
- "Cerimonias celtas de entronización real na Galiza". Anuario Brigantino, 1130-7625, Nº. 27, 2004, páxs. 117-160
- Treba y Territorium. Génesis y desarrollo del mobiliario e inmobiliario arqueológico institucional de la Gallaecia.[6] USC (2004).
- "Rebe trasangiuge: una nueva lectura del epígrafe de Covas". Anuario Brigantino, 1130-7625, Nº. 28, 2005, páxs. 39-46
- "Las Trebas, "tribus" celtas de Gallaecia y su constitución política: estudios de la Edad del hierro en el Noroeste Penínsular". Gallaecia, 0211-8653, Nº 25, 2006, páxs. 371-399
- Santo André de Teixido: O Camiño dos Celtas. Equona 2006.
- "Túmulos, "Mouros", enanos, gigantes, salvaje caza: la etnografía gallega vista como registro arqueológico no intervencionista, en De cultura, lenguas y tradiciones: II Simposio de Estudios Humanisticos" (Ferrol, 14-16 novembro de 2006). Paz Romero Portilla (aut.), Manuel-Reyes García Hurtado (aut.), 2007, 978-84-9749-243-0, páxs. 229-246
- "O ancestral Camiño de peregrinación ó fin do mundo: na procura do deus do Alén : Briareo, Berobreo, Breogán, Hércules, Santiago". Andrés Pena Graña, Alfredo Erias Martínez. Anuario brigantino, 1130-7625, Nº. 29, 2006, páxs. 23-39
- "Galicia, cuna de los celtas de la Europa Atlántica". Anuario brigantino, 1130-7625, Nº. 30, 2007, páxs. 57-88
- Industriais e Reais Fábricas de Narón en Tempos da Ilustración. Concello de Narón. 2007, ISBN 978 84 920185 8 1
- "O misterio do trisquel na relixión celta Arquivado 08 de xuño de 2013 en Wayback Machine. ancestral: monoteísmo trinitario antecedente do presente cristián". Cátedra: revista eumesa de estudios, 1133-9608, Nº. 15, 2008, páxs. 167-236
- "A cultura castrexa inexistente". Arquivado 29 de xullo de 2021 en Wayback Machine. Cátedra: revista eumesa de estudios, 1133-9608, Nº. 21, 2014, páxs. 91-156
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vidal, Nicolás. "Entrevista a André Pena Graña". Diario de Ferrol. Consultado o 15 de agosto de 2013.
- ↑ Os Celtas da Europa Atlantica (en castelán).
- ↑ Os Celtas da Europa Atlántica III (en gall).
- ↑ "estudosceltas.org". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2011. Consultado o 31 de agosto de 2019.
- ↑ "Treba y Territorium". USC.
- ↑ Tese doutoral dirixida por Raquel Casal García (dir. tes.), José María Luzón Nogué (codir. tes.) Pena Graña, Andrés José (2004). "Treba y Territorium. Génesis y desarrollo del mobiliario e inmobiliario arqueológico institucional de la Gallaecia" (en castelán).