Andrej Kiska
Andrej Kiska, nado en Poprad o 2 de febreiro de 1963, é un empresario, filántropo e político eslovaco, que foi presidente de Eslovaquia de 2014 a 2019.
Gañou[1] como independente[2][3][4] en segunda volta as eleccións presidenciais de marzo de 2014 fronte a Robert Fico, asumindo o seu posto o 15 de xuño. Para as eleccións de 2019 decidiu non presentarse, e foi sucedido no cargo por Zuzana Čaputová.[5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kiska estudou na Universidade Técnica de Eslovaquia enxeñería, especializándose en microlectrónica, tras rematar os seus estudos comezou a traballar na súa cidade natal, despois da Revolución de Veludo marchou a vivir en 1990 aos Estados Unidos.[6]. Volveu ao seu pais en decembro de 1991 e con outros membros da súa familia fundou a compañía de ourivería Triangel filial dunha empresa duns amigos estadounidenses dedicándose primeiro a realización dunha liña de alfaias propias sen éxito dedicándose logo á importación dos Estados Unidos de pedras preciosas, pero sen moito éxito. En 1996 fundou TatraCredit dedicada á merca a fabricantes de materiais electrónicos de consumo para venderllos aos seus cliente a prazos, aumentando a gama de produtos a outros bens, como mobles ou xoguetes e en 1999 fundou Quatro[7]. En 2006 foi un dos fundadores da asociación filantrópica Dobrý anjel para a axuda ás familias con dificultades financeiras por enfermidade grave dun dos seus membros[7][8] e o seu presidente ata que deixou o posto en maio de 2013 para concorrer ás eleccións.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Millionaire Andrej Kiska elected first Slovak President with no Communist past" Telegraph Online 30 de marzo de 2014.
- ↑ "Slovak PM Fico, political novice advance to run-off presidential vote". Reuters. 16 March 2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ "Slováci volí prezidenta. Fica ohrožuje filantrop Kiska" (en Czech). Týden. 15 de marzo de 2014. Consultado o 16 March 2014.
- ↑ "Kandidát na prezidenta Andrej Kiska: Najvyšším zmyslom života je pomáhať druhým!" (en eslovaco). Topky.sk. Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ "Caputova gana las presidenciales en Eslovaquia" (en castelán). 31 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2019. Consultado o 18 de xuño de 2019.
- ↑ "Novým slovenským prezidentem bude Andrej Kiska" (en checo). novinky.cz. 29 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2015. Consultado o 30 de marzo de 2014.
- ↑ 7,0 7,1 "Andrej Kiska - životopis" (en eslovaco). DatabazeKnih. Consultado o 17 de marzo de 2014.
- ↑ "Čo je systém Dobrý anjel" (en eslovaco). Dobrý anjel. Consultado o 17 de marzo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en eslovaco)