Saltar ao contido

Andrea Fuentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrea Fuentes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Andrea Fuentes i Fache Editar o valor en Wikidata
7 de abril de 1983 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Valls Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Orlandai Editar o valor en Wikidata
Altura169 cm Editar o valor en Wikidata
Peso58 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónnadadora sincronizado, nadadora Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportenatación sincronizada Editar o valor en Wikidata
Participou en
2012Xogos Olímpicos de 2012
agosto de 2008Xogos Olímpicos de 2008
2004Xogos Olímpicos de 2004 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeVíctor Cano Editar o valor en Wikidata
IrmánsTina Fuentes Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webandreafuentes.es Editar o valor en Wikidata
Twitter: andreafuentes83 Instagram: andreafuentes83 Editar o valor en Wikidata

Andrea Fuentes Fache, nada o 7 de abril de 1983 en Valls (Tarragona), é unha nadadora retirada catalá especialista en natación sincronizada. A súa irmá Tina Fuentes (19842018) tamén foi nadadora de natación sincronizada.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É a nadadora máis laureada na historia do equipo nacional de España,[3] con catro medallas olímpicas, 16 de campionatos do mundo e 11 de campionatos europeos. As súas catro medallas olímpicas tamén a converten na muller española con máis medallas, xunto con Arantxa Sánchez Vicario e Mireia Belmonte.[4]

Uniuse á selección española de natación sincronizada en 1999.[3] Formada no Club Natación Kallípolis, formou parte do Dream Team xurdido no club, xunto con Gemma Mengual, Ona Carbonell e a súa irmá Tina Fuentes. Andrea competiu nos Xogos Olímpicos de 2004, 2008 e 2012, nos que gañou catro medallas na modalidade por parellas e por equipos.[5] Retirouse na competición de elite en xaneiro de 2013, alegando desmotivación por mor dun conflito entre a Real Federación Española de Natación e a adestradora da selección, Anna Tarrés.[3][6] Após retirarse, continuou a súa traxectoria como adestradora.[4]

  1. Llorens, David (8 de agosto de 2012). "Fuentes y Carbonell, una plata taquicárdica". Mundo Deportivo. Consultado o 29 de maio de 2016.
  2. "Fallece la nadadora Tina Fuentes a los 34 años". La Vanguardia. 28 de agosto de 2018.
  3. 1 2 3 Torres, Diego (26 de xaneiro de 2013). "Andrea Fuentes se retira de la natación sincronizada". El País. Consultado o 25 de maio de 2016.
  4. 1 2 Casado, Edu (12 de novembro de 2014). "Qué fue de… Andrea Fuentes: el éxito de la gran sucesora". 20 minutos. Consultado o 29 de maio de 2016.
  5. "Andrea Fuentes Olympic Results". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 23 de maio de 2015.
  6. Tronchoni, Nadia (30 de xaneiro de 2013). "Me entristece ver dos bandos". El País. Consultado o 25 de maio de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]