Andrónico III de Trebisonda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrónico III de Trebisonda
Nacemento1310
Lugar de nacementoTrebisonda
Falecemento8 de xaneiro de 1332
Lugar de falecementoTrebisonda
CausaPeste bubónica
NacionalidadeImperio de Trebisonda e Imperio Bizantino
Ocupaciónmonarca
PaiAleixo II de Trebisonda
NaiJiajak Jaqeli
FillosManuel II de Trebisonda
IrmánsBasilio de Trebisonda e Ana de Trebisonda
editar datos en Wikidata ]

Andrónico III Comneno (en grego: Ανδρόνικος Γ΄ Μέγας Κομνηνός, Andrónikos III Mégas Komnēnós), nado aprox. en 1310 e finado en 1332, foi emperador de Trebisonda desde 1330 até 1332. Foi o fillo máis vello do emperador Aleixo II de Trebisonda e da súa esposa ibera, Djiadjak Jaqeli de Samckhe.


Traxectoria[editar | editar a fonte]

Unha das súas primeiras accións cando se converteu en emperador foi dar morte aos seus dous irmáns máis novos, Xurxo Azachoutlou e Miguel Achpougas. O seu outro irmán Basilio logrou fuxir a Constantinopla, onde o seu tío Miguel estaba residindo probabelmente.

Morreu en 1332 despois dun reinado de 20 meses e foi substituído brevemente polo seu fillo posibelmente ilexítimo, Manuel II. Os crimes de Andrónico sorprenderan tanto aos habitantes de Trebisonda que se dividiron en faccións, pondo o imperio ao bordo da guerra civil. As fontes que se  preservaron non dan moitos detalles sobre as circunstancias do seu curto reinado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Miller, W. (1926). Trebizond: The Last Greek Empire of the Byzantine Era. Chicago.