Aleixo II de Trebisonda
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | agosto de 1283 Trebisonda, Turquía |
| Morte | 3 de maio de 1330 Trebisonda, Turquía |
| Causa da morte | peste bubónica |
| Emperador de Trebisonda | |
| 1297 – 1330 ← Xoán II de Trebisonda – Andrónico III de Trebisonda → | |
| Actividade | |
| Ocupación | gobernante |
| Familia | |
| Cónxuxe | Jiajak Jaqeli (1300 (Gregoriano)–) Jiajak Bagrationi |
| Fillos | Eudokia Comnene ( Michael Azachutlu Comnenos ( Georgios Achpugas Comnenos ( Ana de Trebisonda ( Andrónico III de Trebisonda ( Basilio de Trebisonda ( |
| Pais | Xoán II de Trebisonda |
| Irmáns | Miguel de Trebisonda |
Aleixo II de Trebisonda (en grego: Αλέξιος Β΄ Μέγας Κομνηνός, Aléksios II Mégas Komnēnós), nado en setembro ou decembro de 1282 e finado en 1330, foi emperador de Trebisonda desde 1297 até 1330.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o fillo máis vello de Xoán II de Trebisonda e Eudoxia Paleóloga. En 1297 sucedeu ao seu pai Xoán II no trono de emperador de Trebisonda e permaneceu así até a súa morte en 1330. Tamén foi coñecido como Aleixo Paleólogo e Aleixo Comneno. En 1311 Aleixo II aliouse co emir de Sinope contra os xenoveses e en 1313 atacounos pero foi derrotado e tivo que facer a paz, que foi renovada en 1316. Perdeu territorios nas campañas dos emires turcománs entre 1313 e 1323, pero logrou derrotar aos turcománs en Giresun. Durante a segunda metade do seu reinado outorgou privilexios comerciais aos venecianos para contrarrestar os dos xenoveses. Morreu en 1330. Sucedeuno Andrónico III Comneno.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- W. Miller, Trebizond: The Last Greek Empire of the Byzantine Era, Chicago, 1926.