Andrés Rey Baltar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1886 ![]() Padrón, España ![]() |
Morte | 1 de decembro de 1936 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Manuel Rey Gosende ![]() |
Irmáns | Ramón Rey Baltar e Cesáreo Rey Baltar ![]() |
Andrés Genaro Rey Baltar, nado en Padrón o 19 de setembro de 1886 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Rey Gosende. Emigrou a Arxentina co seu irmán Ramón Rey Baltar. Aou seu retorno coverteuse en propietario e innovador agrario. Membro da UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Padrón. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e recluído no cárcere de Padrón até o 30 de agosto que foi trasladado á prisión de Santiago de Compostela. Xulgado en consello de guerra en Compostela acusado de traizón o 16 de novembro con Francisco Castaño Otero, Jaime Caamaño Comparada, Antoliano Correa Jamardo e José Millares Gil, foron condenados a pena de morte.[1] Foron executados no cemiterio de Boisaca o 1 de decembro de 1936. Posteriormente fóronlle incautados os seus bens e poxados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Compostelano, 17-11-1936, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Andrés Rey Baltar na páxina web Nomes e Voces.
- Cartas de republicanos galegos condenados a morteArquivado 24 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.