Cesáreo Rey Baltar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCesáreo Rey Baltar
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1890 Editar o valor em Wikidata
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Morte1985 Editar o valor em Wikidata (94/95 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiManuel Rey Gosende Editar o valor em Wikidata
IrmánsRamón Rey Baltar e Andrés Rey Baltar Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 5064957

Cesáreo Rey Baltar, nado en Padrón o 7 de novembro de 1890 e finado en Bilbao en 1985, foi un médico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Rey Gosende. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1914.[1] Doutoróuse na Universidade de Madrid en 1915 coa tese Estudio del tratamiento quirúrgico del cáncer del cuello uterino basado en los casos de la clínica de ginecología de la Universidad de Santiago.[2] Como médico exerceu no Sanatorio Baltar. Foi profesor auxiliar da Facultade de Medicina da USC. Recibiu unha bolsa da Junta de Pensiones para ampliación de Estudos de Obscetricia e xinecoloxía en Suíza en 1916.[3] Obtivo a praza de cirurxián do hospital de Basurto (Bilbao) en 1925,[4] onde foi xefe de Servizo de Xinecoloxía. Foi presidente da Casa de Galicia de Bilbao.[5] En 1931 adheriuse á Agrupación al Servicio de la República de Bilbao.[6]

O seu irmán Andrés Rey Baltar foi fusilado polos franquistas ao comezo da guerra civil.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Ourense con María Isabel Feijoo García, filla de Pedro Feijoo López, en 1922,[7] e foi pai de María del Carmen, Manuel, Cesáreo, Estanislao, María Begoña e María Teresa Rey Feijoo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de Galicia, 11-6-1914, p. 2.
  2. Estudio del tratamiento quirúrgico del cáncer del cuello uterino basado en los casos de la clínica de ginecología de la Universidad de Santiago
  3. España Médica, 10-10-1916, p. 14.
  4. El Compostelano, 5-11-1925, p. 2.
  5. El Noroeste, 14-8-1926, p. 1.
  6. Agrupación al Servicio de la República de Bilbao (BILBOKO ERREPUBLIKAZALEAK-2)
  7. La Voz de la Verdad, 3-10-1922, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]