Andrés Freire Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrés Freire Conde
Biografía
Nacemento22 de novembro de 1927 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de abril de 2020 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Q123284413 Traducir
13 de xullo de 1988 – 22 de novembro de 1991
← Juan Bautista Sánchez Bilbao (en) TraducirAgustín Quesada Gómez (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPintor
Premios


Andrés Freire Conde, nado en Ferrol o 22 de novembro de 1927, é un militar e pintor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Andrés Freire Conde naceu na Base Naval da Graña, fillo do oficial da armada Joaquín Freire de Arana e María do Carmen Conde Pumpido, filla do notario Cándido Conde Fernández. Iniciou os seus estudos no colexio dos Pais Mercedarios en Ferrol, continuando no de Orfos da Armada en Madrid. Despois ingresou na Academia de Artillaría e desenvolveu a carreira militar.

Ingresou na Academia Xeral Militar en 1946, incorporándose á Arma de Artillaría, O seu primeiro destino de Tenente foi no Rexemento de Artillaría número 28 de Santiago de Compostela, no cuartel que hoxe é o Parlamento de Galicia. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1958. En 1961 aprobou as oposicións a Estado Maior, diplomándose como oficial de E.M. en 1965.

Na súa condición de militar e como Xeneral de Brigada ocupou o cargo de Xeneral, xefe da V División Estado Maior do Exército. Como Xeneral de División, foi Xefe da División de Montaña Urgell IV e Gobernador Militar de Lleida. En 1988 chega a Tenente Xeneral, nomeado Capitán Xeneral de Levante, até o 22 de novembro de 1991 que cesa no cargo ao cumprir a idade regulamentaria.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 1958 contrae matrimonio con Esclavitud García Cidón. Son pais de seis fillos.

Pintor[editar | editar a fonte]

É un destacado pintor e acuarelista, realizando as súas obras sempre ao natural. Durante a súa carreira militar fixo numerosas exposicións en Ronda (1959), Hostal dos Reis Católicos (1971), Marbella (1972), Vigo (1976), Betanzos (1978), A Coruña (1978), Ferrol (1984), Valencia (1992), A Coruña (2003) e Caldas de Reis (2005).

Filgueira Valverde, na súa crítica á exposición de Andrés Freire sobre "Compostela Monumental" escribiu que a súa obra é "a obra dun artista que fai vibrar, sorrir, conversar esas vellas pedras que esperan sempre a man que lles dea nova vida", engadindo que "Nunca foron un obstáculo para as súas actividades artísticas, a súa vocación castrense ou o faxín azul do Estado Maior nin os cordóns de Capitán Xeral. Ao contrario, constituíron un verdadeiro estímulo, aproveitando as súas múltiples viaxes para captar os belos recunchos da nosa xeografía".

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1971: Cuarto premio na 1ª Trienal Nacional de Belas Artes, “Mestre Mateo” en Santiago de Compostela.
  • 1972: Segundo premio no Salón de Pintura de Cádiz.
  • 1972: Primeiro premio de Honra no V Certame de Artes Plásticas de Ceuta.
  • 1973: Terceiro premio no Salón Militar de Cultura.
  • 1973: Medalla de Prata no VI Certame de Ceuta.
  • 1974: Segundo premio de Pintura Tema Militar.
  • 1975: Primeiro premio “Cádiz 1975”.
  • 1976: Primeiro premio “Cádiz 1976”.
  • 1991: Medalla da Real Academia de Belas Artes de San Carlos de Valencia.
  • 1998: Nomeado Académico de Honra da Moi Ilustre Academia Mundial das Ciencias, Tecnoloxía, Educación e Humanidades de Valencia.

Notas[editar | editar a fonte]