Andrés Eguíbar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrés Eguíbar
Nacemento5 de abril de 1954
Lugar de nacementoPortugalete
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Andrés Eguíbar Rivas, nado en Portugalete o 5 de abril de 1954, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comercial Administrativo. Militante das Juventudes Socialistas, foi detido en 1972 e condenado polo Tribunal de Orde Pública. Posto en liberdade, foi novamente detido na concentración socialista de homenaxe a Pablo Iglesias no cemiterio civil de Madrid e pasou dous meses en Carabanchel.

Instalado na Coruña, foi secretario de relacións políticas da Federación galega do PSOE e como tal participou na Táboa Democrática de Galicia e na Plataforma de organismos democráticos. Foi elixido deputado do Congreso polo PSOE pola provincia da Coruña na lexislatura constituínte (1977-1979). En xaneiro de 1979 abandonou o PSOE e solicitou a alta na UCD.[1] En 1980 foi nomeado Subdirector Xeral de Traballo da Consellería de Traballo e Servizos Sociais. Foi xerente do Xacobeo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Andrés Eguibar" 2/1/1979 El País (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografíoa[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]