Saltar ao contido

András Kállay-Saunders

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrás Kállay-Saunders

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Participou en
10 de maio de 2014Festival de Eurovisión 2014 (5º)
1 de maio de 2010Megasztár, season 5 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaKállay family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisFernando Saunders Editar o valor en Wikidata  e Katalin Kállay Editar o valor en Wikidata

Páxina webkallaysaundersandras.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm8524354 Facebook: kallaysaundersofficial Twitter: kallaysaunders Instagram: kallaysaunders Spotify: 4o8DFDzWzn8bYgK3EXQS33 Musicbrainz: 10ce315a-6dca-47e3-a197-0cafb1bcec6e Discogs: 2993623 Deezer: 5109974 Editar o valor en Wikidata

András Kállay-Saunders, nado en Nova York o 28 de xaneiro de 1985, é un cantante, compositor e produtor musical húngaro-estadounidense tamén coñecido como Kállay-Saunders. Representou a Hungría no Festival da Canción de Eurovisión 2014, na cidade danesa de Copenhague, coa canción Running.

Biografía

[editar | editar a fonte]

András Kállay-Saunders naceu en Nova York, nos Estados Unidos. É fillo da modelo húngara Katalin Kállay, de ascendencia nobre, e do cantante de soul e produtor estadounidense Fernando Saunders.

Ao longo da maior parte da súa infancia, o seu pai estivo de xira polo mundo, compartindo escena con artistas como Luciano PavarottiJeff BeckLou Reed. En ocasións, Fernando levaba ao seu fillo consigo para aprender da música. Así o levou a Detroit e ensinoulle como comezara a súa carreira musical; as esquinas onde cantaba e os lugares onde actuaba.

En 2011, András decidiu visitar Hungría para estar coa súa avóa que se atopaba enferma. Durante a súa visita ao país, participou nunha audición do concurso húngaro Megasztár[1] que buscaba cantantes con talento.

Despois de que rematara en 4º lugar no concurso cazatalentos, firmou un contrato discográfico con Universal e mudouse de forma permanente a Hungría. Alí sacou ao mercado dous sinxelos con Universal titulados Csak veled ('Só contigo') e I Love You, converténdose ambos en smash hits en Hungría, alcanzando na lista Billboard do país as posicións 7 e 2, respectivamente.

Xa en agosto de 2012 colaborou co rapeiro e produtor sueco Rebstar American DJ pain 1, no seu sinxelo Tonight, que alcanzou o número 4 no top 40 húngaro, converténdose no seu terceiro single que quedará entre os dez mellores das listas húngaras. En novembro dese mesmo ano, András anunciou a súa saída de Universal e firmo un novo contrato discográfico cun selo sueco.

O 20 de decembro de 2012, lanzou o seu sinxelo My Baby que tamén lle serviu como presentación no concurso de preselección nacional do Festival de Eurovisión, A Dal ('A canción). O 9 de febreiro interpretou a canción no concurso, obtendo un total de 48 puntos dun máximo de 50 outorgados polo xurado nacional. Tras a actuación o sinxelo converteuse no número un no iTunes húngaro. O vídeo musical da canción presentouse o 8 de febreiro, baixo a dirección de Tiki Pictures. O 11 de abril o sinxelo tamén logrou ser o número 1 no top 40 da radio húngara. Paralelamente estivo traballando no seu albúm chamado 'Delivery Boy'.

Eurovisión 2014

[editar | editar a fonte]

Kállay- Saunders conseguiu gañar no ano 2014 a preselección nacional para representar a Hungría no Festival de Eurovisión 2014, Al Dal[1], coa canción Running[2], situándose rapidamente como un dos favoritos para conseguir a vitoria cunha canción moi comercial. Participou na 1ª semifinal do concurso, conseguindo a terceira posición cun total de

Kállay-Saunders actuando no Festival de Eurovisión 2014

127 puntos clasificándose así para a gran final do concurso o sábado 10 de maio. Na gran final actuou na posición número 21, e quedando finalmente no 5º lugar da clasificación final cun total de 143 puntos.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O cantante mantén actualmente unha relación coa tamén cantante e gañadora de Megasztár, Renata Tolvai.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Delivery Boy (proximamente)
  • Csak veled ("Só contigo") (2011)
  • I Love You (2012)
  • Tonight ft. Rebstar (2012)
  • My Baby (2013)
  • Play My Song ft. Rebstar (2013)
  • Running (2014)