Anastasios Douvikas
Tasos Douvikas | |||
---|---|---|---|
Douvikas a adestrar co FC Utrecht en 2022. | |||
Información persoal | |||
Nome | Anastasios Douvikas | ||
Nacemento | 2 de agosto de 1999 | ||
Lugar de nacemento | Atenas | ||
Altura | 1,86 | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Celta de Vigo | ||
Na rede | |||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Anastasios Douvikas (en grego: Αναστάσιος "Τάσος" Δουβίκας), nado en Atenas o 2 de agosto de 1999, coñecido como Tasos Douvikas, é un futbolista grego que xoga na demarcación de dianteiro para o Celta de Vigo da Primeira División de España.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Asteras Trípoli[editar | editar a fonte]
Douvikas fixo o seu debut profesional o 19 de agosto de 2017, nunha derrota en casa por 1-2 perante o PAS Giannina, onde entrou como suplente. O 26 de outubro marcou o seu primeiro gol profesional, na vitoria por 2-1 sobre o PAE Chania na Copa de Grecia 2017-18. O 26 de novembro marcou na vitoria por 2-0 en casa sobre o Levadiakos, contribuíndo á terceira vitoria consecutiva do equipo. O 2 de decembro marcou nunha cómoda vitoria en casa por 4-0 sobre o AO Platanias.
O 18 de decembro marcou na vitoria a domicilio por 0-4 sobre o Apollon Paralimniou FC.
Volos FC[editar | editar a fonte]
No verán de 2020, Tasos Douvikas fichou por Volos FC como axente libre. Na tempada 2020-21 dos 26 xogos da tempada regular, xogou en todos. De feito, é o único futbolista da Superliga que saíu titular en todos os partidos. Co equipo de Volos marcou 10 goles e deu 3 asistencias, ademais xogou 4 partidos máis nos playoffs e anotando outro gol, esta vez contra o equipo de Larissa. Na copa tamén marcou 3 goles en 4 aparicións contra OFI Creta e AEK para os oitavos de final e cuartos de final respectivamente.
O 28 de agosto de 2023, tras ser a tempada anterior o máximo goleador da Eredivisie co F. C. Utrecht, foi traspasado ao Celta.
Selección grega[editar | editar a fonte]
Tras xogar coa selección de fútbol sub-19 de Grecia e a sub-21, finalmente fixo o seu debut coa selección de fútbol de Grecia o 28 de marzo de 2021 nun encontro amigable contra Honduras, partido que finalizou cun resultado de 2-1 a favor do combinado grego tras un dobrete de Vangelis Pavlidis para Grecia, e de Diego Rodríguez para Honduras.
Clubs[editar | editar a fonte]
Club | País | Ano | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
Asteras Tripolis F. C. | Grecia | 2017-2020 | 52 | 4 |
Volos F. C. | 2020-21 | 34 | 14 | |
F. C. Utrecht | Países Baixos | 2021-2023 | 77 | 32 |
R. C. Celta de Vigo | España | 2023- | 16 | 5 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Tasos Douvikas". Transfermarkt. Consultado o 28 de decembro de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anastasios Douvikas |