Ana María Rodríguez Rivas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (56/57 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritora |
Ana María Rodríguez Rivas, nada en Lugo en 1967, é unha xornalista e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como xornalista en El Progreso, La Voz de Galicia e El Correo Gallego. Doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, é profesora de Xornalismo e Comunicación Audiovisual na Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid. Membro da directiva da asociación cultural Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- Xosé Trapero Pardo, a crónica dun século. Fundación Caixa Galicia, 2000.
- O xornalismo en Galicia: percorrido histórico pola prensa de Lugo. Galaxia, 2006.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Literario Ánxel Fole (2000) por Trapero Pardo, a crónica dun século.[2]