Ana Leopoldovna
Ana Leopoldovna | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | lisabeth Katharina Christine von Mecklenburg-Schwerin |
Nacemento | 18 de decembro de 1718 |
Lugar de nacemento | Rostock |
Falecemento | 19 de marzo de 1746 |
Lugar de falecemento | Kholmogory |
Causa | puerperal disorders |
Soterrada | Annunciation Church of the Alexander Nevsky Lavra |
Nacionalidade | Imperio Ruso |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Ocupación | raíña |
Pai | Carlos Leopoldo de Mecklenburg-Schwerin |
Nai | Catarina Ivanovna da Rússia |
Cónxuxe | António Ulrich de Brunswick-Wolfenbüttel |
Fillos | Iván VI de Rusia, Catherine Antonovna of Brunswick, Alexei Antonovich of Brunswick, Elizabeth Antonovna of Brunswick e Peter Antonovich of Brunswick |
Premios | Ordem de Santo André e Dame Grand Cordon of the Order of Saint Catherine |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Ana Leopoldovna (А́нна Леопо́льдовна), tamén coñecida como Anna Karlovna (А́нна Ка́рловна), nada en 1718 e finada o 18 de marzo 1746, foi rexente da Rusia por algúns meses (1740 - 1741) durante a infancia do seu fillo bebé Iván, era a filla de Catarina (irmá da Emperatriz Ana) e de Carlos Leopold, o duque de Mecklenburg-Schwerin.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1739 casou con Antonio Ulrich (1714 - 1776), fillo de Fernando Alberto, duque de Brunswick-Wolfenbüttel. A 5 de outubro de 1740 a emperatriz Ana adoptou como o seu fillo o recentemente nado Iván e proclamou herdeiro ao trono ruso. Algúns días logo desta proclamación a emperatriz faleceu (28 de outubro 1740), deixando instrucións acerca da sucesión, e designando o seu favorito Ernst Biron, duque de Courland, como rexente. Biron, con todo, fíxose nunha persoa detestada polo pobo ruso, e Ana Leopoldovna tivo pouca dificultade a destrona-lo (8 de novembro de 1740). Asumiu entón a rexencia, e tomou o título de Gran Duquesa, pero sabendo pouco do carácter da xente con quen ela tería que lidar, e aínda menos das convencións e da política de goberno ruso, acabando por levar rapidamente a querelas cos seus partidarios principais.
A decembro de 1741, a filla de Pedro o grande, que polos seus hábitos rusos era a favorita dos soldados, incitou os gardas a revoltárense e, logo de superar unha débil oposición, ascendeu ao trono como Emperatriz Isabel.
O réxime vitorioso, aprisionou de entrada a familia na fortaleza de Dünamünde preto de Riga, acabando posteriormente polos exiliar para Kholmogory, a norte do Río Dvina. Ana eventualmente morreu a 18 de marzo de 1746 durante o parto. O seu fillo Ivan VI foi asasinado en Shlisselburg a 16 de xullo de 1764, mentres o seu marido Antonio Ulrich faleceu en Kholmogory a 19 de marzo de 1776. Os seus demais catro fillos foron liberados da prisión en 1780 e foron vivir para a Xutlandia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ana Leopoldovna |