Ana Guevara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ana Guevara
Osaka07 D2M 400m Ana Guevara Novlene Williams.jpg
Nome completoAna Gabriela Guevara Espinoza
Nacemento4 de marzo de 1977
 Nogales
NacionalidadeMéxico
Ocupaciónpolítica e velocista
editar datos en Wikidata ]

Ana Gabriela Guevara Espinoza, nada o 4 de marzo de 1977, é unha atleta mexicana, especialista en 400 metros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gañou a súa primeira medalla de ouro nos Xogos Panamericanos de 1999 en Canadá. Nos Xogos Olímpicos de 2000 de Sydney quedou en 5º lugar. Despois diso gañou 28 carreiras consecutivas antes de ser segunda en Roma en xullo de 2004. Nos Xogos Olímpicos de 2004 de Atenas foi medalla de prata.