Ana Castaño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1961 (63 anos) Pezós, España |
Deputada de España | |
16 de xuño de 2015 – 27 de outubro de 2015 ← Gaspar Llamazares Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política |
Partido político | Izquierda Unida |
Lingua | Lingua castelá |
Ana María Castaño Rey, nada en Pezós o 16 de xaneiro de 1961, é unha política asturiana[1][2].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Natural do lugar de Sanzo no concello de Pezós, na Terra Eo-Navia. Licenciouse en Historia na Universidade de Oviedo e ademais diplomouse en Xestión e Administración Pública e traballa como técnica da Fundación Municipal de Cultura do Concello de Xixón. Entre 2007 e 2011 foi directora dos Servizos Sociais do Concello de Avilés. Nas eleccións municipais de 2015 foi nas listas de Izquierda Unida ao concello de Xixón, onde está aveciñada, e saíu elixida concelleira. O 16 de xuño de 2015 entrou no Congreso dos Deputados en substitución de Gaspar Llamazares.[1][2], porén nas eleccións xerais de decembro de 2015 non se presentou e, xa que logo, non revalidou o seu escano[3]. Dende novembro de 2021 é a coordinadora de IU Xixón[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Ficha de deputada". Congreso dos Deputados.
- ↑ 2,0 2,1 "Ana Castaño sustituye a Llamazares como diputada en el Congreso de los Diputados". Europa Press. 4 de xuño de 2015.
- ↑ "Candidaturas proclamadas para las elecciones al Congreso de los Diputados y al Senado, convocadas por Real Decreto 977/2015, de 26 de octubre.".
- ↑ "La exconcejala Ana Castaño, nueva coordinadora de IU Xixón". La Voz de Asturias. 9 de novembro de 2021.