Amplificador operacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Varios operacionais en configuración de 8 pins ("DIPs")

Unamplificador operacional, (tamén chamado op-amp ou "operacional"), é un amplificador de alta ganancia con entradas diferenciais e normalmente unha soa saída.[1]. Normalmente esta alta ganancia é controlada utilizando realimentación negativa en aplicación como amplificador.

Os operacionais están entre os dispositivos electrónicos máis utilizados, tanto como compoñentes (ver imaxe) como integrados en circuítos impresos.

Notación[editar | editar a fonte]

Esquema dun operacional

Os símbolos utilizados para un operacional son similares ao da imaxe, onde:

  • : entrada non inversora
  • : entrada inversora
  • : saída
  • : alimentación: polo positivo
  • : alimentación: polo negativo

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Idealmente, o operacional amplifica a diferenza entre a entrada e a , a entrada diferencial, obténdose á saída:

onde é a tensión na entrada non inversora, a tensión an entrada inversora e é a ganancia en lazo aberto (open-loop, sen realimentación) do amplificador.

Operacional con entrada inversora posta aterra a través dunha resistencia; sinal na entrada inversora e sen retroalimentación
Operacional con entrada inversora posta aterra a través dunha resistencia; sinal na entrada inversora e sen retroalimentación

Sen realimentación, funciona como un interruptor.

Circuíto non inversor estándar con dúas resistencias
Circuíto non inversor estándar con dúas resistencias

Con realimentación negativa via Rf.

A magnitude de é moi grande—rara vez inferior a 1 millón e polo tanto unha diferenza pequena entre e (uns microvolts) leva á saturación, onde a voltaxe de saída é a máxima que pode proporcionar o circuíto.

Se non se usar realimentación negativa, o operacional funciona como un comparador ou interruptor

Con realimentación positiva pódese producir oscilación ou histérese.

Funcionamento con realimentación negativa[editar | editar a fonte]

Se existe realimentación negativa e a saída non está saturada,

  1. as dúas entradas está á mesma tensión;
  2. non circula corrente polas entradas.[2]

Estas regras son para amplificadores ideais pero pódense aplicar á maioría das situacións reais

Notas[editar | editar a fonte]

  1. MAXIM Application Note 1108: Understanding Single-Ended, Pseudo-Differential and Fully-Differential ADC Inputs Arquivado 26 de xuño de 2007 en Wayback Machine. — Comprobado 10 novembro, 2007
  2. Paul Horowitz and Winfield Hill, The Art of Electronics, Cambridge University Press, 1989, p 177.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]