Ampelmännchen
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/35/Ampelmann.svg/220px-Ampelmann.svg.png)
Ampelmännchen, que en alemán se emprega para dicir homiño do semáforo, é unha silueta que representa un home con chapeu típico da zona nos semáforos dos pasos de peóns da extinta República Democrática Alemá. O Ampelmännchen vermello estende os seus brazos en cruz para sinalizar a prohibición de cruzar, mentres que o verde está a dar un paso cara a adiante, indicando que o paso está permitido. Tras a reunificación alemá, converteuse nunha popular icona presente en multitude de souvenirs turísticos.