Saltar ao contido

Amil Ximun Nuna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmil Ximun Nuna
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Alqosh, Iraq (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arcebispo católico
8 de xaneiro de 2010 –
← Paulos Faraj Rahho (pt) TraducirMichaeel Najeeb (en) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Pontificia Lateranense Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2010–), sacerdote católico (1991–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónManuel III Dali Editar o valor en Wikidata

Amil Ximun Nuna[1] (en árabe: إميل شمعـون نونا), nado en Al-Qux (Iraq) o 1 de novembro de 1967, é un eclesiástico católico caldeo, arcebispo de Mosul entre 2009 e 2015, e dende 2015 arcebispo de San Tomé o Apóstolo de Sydney.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia asiro-caldea de Al-Qux o 1 de novembro de 1967. Logo de completar a súa educación secundaria, en 1985 entrou no Seminario Patriarcal Caldeo e foi ordenado sacerdote o 11 de xaneiro de 1991 en Bagdad.

Entre 1993 e 1997 foi vigairo parroquial en Al-Qux, e posteriormente párroco até 2000, cando marchou a estudar Teoloxía á Pontificia Universidade Lateranense. Graduouse en 2005 e volveu a Al-Qux.

O 5 de maio de 2009 o Sínodo dos Bispos da Igrexa Católica Caldea elixiu a Nuna como arcebispo de Mosul, e o papa Bieito XVI aceptou a súa escolla o 13 de novembro de 2009. A sé estaba vacante dende o asasinato do seu arcebispo Bulus Farax Rahu en 2008. Amil Nuna recibiu a consagración episcopal o 8 de xaneiro de 2010 de mans do patriarca de Babilonia Manuel III Dali.

Coa toma de Mosul e dos territorios da chaira de Nínive polo Estado Islámico, a súa arquidiocese deixou na práctica de existir. O 15 de xaneiro de 2015 Nuna foi nomeado arcebispo ad personam de San Tomé o Apóstolo de Sydney, con xurisdición sobre todos os caldeos de Oceanía.

  1. Tamén Emil Shimoun Nona.