Amador Villar Amor
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1866 ![]() Ribadavia, España ![]() |
Morte | 20 de abril de 1944 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, prosista, poeta, mestre ![]() |
![]() ![]() |
Amador Leopoldo Villar Amor, nado en Ribadavia en 1866 e finado en Vigo o 20 de abril de 1944[1], foi un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xunto co seu irmán Secundino fundou o Colexio Villar de Ourense (1885-1935), do que foi profesor. Foi secretario do Partido Republicano de Ourense e colaborou en La República. Poeta do século XIX, en ocasións utilizaba o pseudónimo Roque Pelico d'Ovella; publicou algúns poemas en galego na revista Nós. A cidade de Ourense dedicoulles aos irmáns Villar unha rúa en 1934.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alonso Montero, Xesús (1998). Os poetas con Federico García Lorca e coa España republicana (Buenos Aires, 1937). Universidade de Santiago de Compostela. p. 35. ISBN 84-8121-689-5. Consultado o 22 de setembro de 2014.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rafael Salgado (14 de xullo de 2009). "Don Amador Villar Amor". Ourense no tempo.