Amígdala tubárica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oído dereito externo e medio abertos desde a parte frontal. A amígdala tubárica está salientada en verde.

A amígdala tubárica ou tonsila tubárica (TA en latín tonsilla tubaria), tamén coñecida como tonsila de Gerlach, é unha masa de tecido linfoide situada a carón da trompa de Eustaquio. É unha das catro amígdalas ou tonsilas da zona farínxea que forman o anel de Waldeyer, que teñen funcións inmunitarias.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Cada unha das amígdalas tubáricas está situada detrás da abertura da trompa de Eustaquio do oído na parede lateral da nasofarinxe.[1] É unha das catro grupos de amígdalas que forman o anel de Waldeyer,[2] o cal está constituído polas dúas amígdalas palatinas, a amígdala farínxea (adenoide), e as amígdalas linguais.[2]

Importancia clínica[editar | editar a fonte]

A amígdala tubárica pode ser afectada pola amigdalite ou tonsilite.[2] Porén, esta xeralmente afecta só as amígdalas palatinas.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

A amígdala tubárica tamén se pode chamar tonsila de Gerlach.[3] Está moi próxima ao torus tubarius (a base da porción cartilaxinosa da trompa de Eustaquio),[4] polo cal ás veces se lle ten chamado tonsila do torus tubarius.[5] Pero non se debe confundir este torus coa tonsila.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Patricia Brady Wilhelm; Marieb, Elaine Nicpon; Mallatt, Jon (2005). Human anatomy. San Francisco: Pearson/Benjamin Cummings. p. 572. ISBN 0-8053-5511-1. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Neville, Brad W.; Damm, Douglas D.; Allen, Carl M.; Chi, Angela C. (2019). "5 - Bacterial Infections". Color Atlas of Oral and Maxillofacial Diseases (en inglés). Elsevier. pp. 109–123. ISBN 978-0-323-55225-7. doi:10.1016/B978-0-323-55225-7.00005-1. 
  3. "Tonsil and Adenoid Anatomy". emedicine.medscape.com. Consultado o 2019-09-29. 
  4. Michael Tam,"The Pharynx"[1], Medical Student's Retreat-Anatomy Notes, última actualización 30 de marzo de 2006.
  5. English Arabic Dictionary of Medical terms,"tonsil of torus tubarius = tubal tonsil"[2], Almaany.com,2010-2014.