Alxamía
Aparencia
A alxamía[1] (en árabe: العجَميَّة) é a forma de escritura con letras árabes das linguas neolatinas faladas na Península Ibérica, en especial o portugués, o castelán, o ladino e mozárabe, durante os séculos VIII a XV.[2] Isto foi resultado de dúas circunstancias: dunha banda, as linguas árabes fundíanse coas linguas novelas e, eventualmente, foron substituídas polas linguas latinas ou por outras, que eran mestura de ambas; doutra banda, as letras árabes continuaban a ser empregadas e, por conta de tal costume, pasaron como instrumento de escrita dos outros idiomas, así como sucede cos medios de transliteración.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alxamía.
- ↑ Wiegers, Gerard Albert (1994). Brill, ed. Islamic Literature in Spanish and Aljamiado: Yça of Segovia (fl. 1450), His Antecendents and Successors (en portugués). Leiden.
- ↑ Nimer, Miguel; Calil, Carlos Augusto (2005). EdUSP, ed. Influências orientais na língua portuguesa: os vocábulos árabes, arabizados, persas e turcos : etimilogia, aplicações analíticas (en portugués). São Paulo. p. 547.
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |