Alvito de Mondoñedo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Mondoñedo, España |
Morte | 5 de setembro de 1063 Ishbiliya (Taifa de Sevilla) |
Bispo de León | |
maio de 1057 – 5 de setembro de 1063 – Arias Gundesíndiz (en) → Diocese: diocese de León | |
Abade | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | Sacerdote católico de rito romano, bispo católico |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Alvito de Mondoñedo, nado en Mondoñedo despois do ano 1000 e finado en Sevilla no 1063, foi un bispo de orixe galega pertencente á primitiva casa de Saavedra, pois era tataraneto de Adosinda Guterrez, (irmá de san Rosendo) e de Aloito Lucio de Saavedra (*910).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo de Aloito Fernández de Saavedra, que foi ricohome e mordomo maior do rei Vermudo II, e de Urraca López de Lemos; o seu irmán máis vello Arias Aloitiz herdou os estados do seu pai, que incluían o castelo de Arias e o territorio de Parga, Vilalba e Mondoñedo.[1][2]
Algúns autores menciónano como confesor do rei Fernando I de León,[3] monxe e abade abade de Sahagún[4][5][6] ou do de Samos,[7][8] quizais confundíndoo con outro prelado do mesmo nome.[9] Consta a súa presenza á fronte da diocese en varios documentos dende maio do ano 1057, despois da renuncia do seu antecesor Cipriano.[10][11]
No ano 1063, o rei Fernando organizou unha expedición contra as taifas do sur peninsular, e tras os seus éxitos militares enviou a Sevilla a Albito e ao bispo de Astorga Ordoño coa misión de recuperar o corpo de Santa Xusta; non conseguiron atopar os restos desta, mais si os de Santo Isidoro, quen revelándose a Albito comunicoulle o lugar da súa sepultura, anunciándolle tamén a súa próxima morte. Efectivamente, o bispo morreu unha semana despois de atopar o sepulcro do santo, e Ordoño regresou a León cos corpos de ambos.[12]
En presenza do abade de Silos San Domingos, Santo Isidoro foi depositado na igrexa de San Xoán e Albito na igrexa de Santa María de Regla;[13] segundo a tradición, antes de que Albito fose sepultado, Santo Isidoro apareceuse ao rei Fernando reclamando que o seu corpo estivese presente no enterro do de Albito, como finalmente se fixo.[14]
Aínda que non foi canonizado nin tivo rezo oficial, foi venerado como santo na igrexa de León. No santoral español aparece o 5 de setembro[15] ou o 8 de novembro.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Luis Vilar y Pascual: Diccionario histórico, genealógico y heráldico de las familias ilustres de la monarquía española, tomo II, p. 388.
- ↑ Francisco Piferrer: Nobiliario de los reinos y señoríos de España, tomo II, pp. 181-182.
- ↑ Gil González Dávila: Teatro eclesiástico de las iglesias metropolitanas y catedrales de los reinos de las dos Castillas, pp. 395-398.
- ↑ Prudencio de Sandoval: Fundaciones de los monasterios del glorioso Padre San Benito, p. 86.
- ↑ Antonio de Yepes: Coronica general de la Orden de San Benito, a. 1063.
- ↑ José Pérez, Romualdo Escalona: Historia del Real Monasterio de Sahagún, libro II, cap. III.
- ↑ Enrique Flórez: España sagrada, vol. XVI, pp. 180-181.
- ↑ Manuel Risco: España sagrada, vol. XXXV, pp. 72-97.
- ↑ M. Risco: España sagrada vol. XXXVI, en contestación a la refutación de Escalona a Flórez.
- ↑ Juan de Dios Posadilla: Episcopologio legionense, tomo I, pp. 163-173.
- ↑ Francisco Trujillo García: La Iglesia de León, pp. 149-154.
- ↑ Enrique Flórez: España sagrada, vol. IX, pp. 206-212.
- ↑ Aínda non estaba consagrada como catedral.
- ↑ Cóntao Lucas de Tui: Libro de los miraglos de Sant Isidro arçobispo de Sevilla, cap. IX, tradución ao castelán Juan de Robles (1525).
- ↑ Eustaquio María de Nenclares: Santoral español, pp. 238-246.
- ↑ Joaquín Lorenzo Villanueva: Año christiano de España, vol. XI, pp. 128-130.