Alto Alentejo (subrexión)
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Portugal | ||||
| NUTS 1 | Portugal continental | ||||
| Rexión | Alentexo | ||||
| Capital | Portalegre | ||||
| Xeografía | |||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Código NUTS | PT186 | ||||
Alto Alentejo é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión do Alentejo. Dende 2009 correspóndese por completo co Distrito de Portalegre. Limita ao norte coas subrexións de Pinhal Interior Sul e Beira Interior Sul, ao leste co Estado español, ao sur coa subrexión do Alentejo Central, e ao oeste coas de Lezíria do Tejo e Médio Tejo. Ten unha superficie de 6.230 km² e unha poboación estimada de 118.352 habitantes (2011[1]).
Concellos
[editar | editar a fonte]Comprende 15 concellos:
- Alter do Chão (Vila)
- Arronches (Vila)
- Avis (Vila)
- Campo Maior (Vila)
- Castelo de Vide (Vila)
- Crato (Vila)
- Elvas (Cidade)
- Fronteira (Vila)
- Gavião (Vila)
- Marvão (Vila)
- Monforte (Vila)
- Nisa (Vila)
- Ponte de Sôr (Cidade)
- Portalegre (Cidade)
- Sousel (Vila)
Os principais núcleos urbanos son as cidades de Elvas (15.900 habitantes) e Portalegre (15.600 habitantes).
Cuestión de Olivenza - Olivença
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cuestión de Olivenza - Olivença.
Olivenza (en portugués Olivença), municipio pertencente de facto á comunidade autónoma española de Estremadura, é reivindicada por Portugal dende o século XIX, polo cal existe unha corrente de opinión que considera que Olivenza é un concello portugués do Alto Alentejo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Portal Informativo do Alentejo - Allentejo Arquivado 27 de xullo de 2008 en Wayback Machine.
