Alternativa Popular Canaria (APC) é un partido nacionalistacanario de esquerda formado en 2002, membro do Movemento de Liberación Nacional de Canarias (MLNC). A súa creación foi impulsada pola organización xuvenil Azarug e algúns partidos de ámbito municipal, así como persoas a título individual procedentes de organizacións da esquerda nacionalista.
En 2003 celegbrouse a súa primeira asemblea[1] e nas eleccións autonómicas de 2003 obtivo 6.737 votos, un 0,73%, mentres que nas eleccións municipais do mesmo ano obtivo un concelleiro en Santa Úrsula (Tenerife). En La Orotava presentouse como Iniciativa por La Orotava (Ipo) con Los Verdes de Canarias e obtivo cinco concelleiros. Nas eleccións ao Parlamento Europeo de xuño de 2004, Alternativa Popular Canaria pediu o voto para a coalición Europa dos Pobos.
O 25 e o 26 de xuño de 2005 o partido celebrou a súa II Asemblea Nacional, e o 16 de setembro de 2006 a III Asemblea Nacional. En 2006 sufriu en Tenerife unha división da que xurdiu un novo partido chamado Alternativa Nacionalista Canaria.
Na súa primeira Conferencia Nacional, en 2008, decidiu non participar nas Eleccións Xerais de España de 2011 e centrar todos os seus esforzos na consolidación de Alternativa Sí se Puede por Tenerife de cara ás seguintes convocatorias electorais de carácter local e autonómico.[3] Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 pediu o voto para a Iniciativa Internacionalista.