Alonso Pérez de Guzmán el Bueno y Zúñiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alonso Pérez de Guzmán el Bueno y Zúñiga
Retrato de Alonso Pérez de Guzmán y Zúñiga, no Palacio de Medina-Sidonia.
Nome completoAlonso Pérez de Guzmán el Bueno y Zúñiga
Nacemento10 de setembro de 1550
Sanlúcar de Barrameda, Cádiz, Andalucía Andalucía
Defunción26 de xullo de 1615
Sanlúcar de Barrameda
Fidelidade España
Servizo15441588
RangoAlmirante Xeneral
Duque de Medina Sidonia
MandosArmada española
Batallas/GuerrasGuerra anglo-española de 1585-1604
DistinciónsCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro
Capitán Xeneral do mar Océano

Alonso Pérez de Guzmán el Bueno y Zúñiga nado o 10 de setembro de 1550 en Sanlúcar de Barrameda, Cádiz e morto o 26 de xullo de 1615 en Sanlúcar de Barrameda, fillo de Juan Claros Pérez de Guzmán y Aragón (IX Conde de Niebla) e de Leonor de Zúñiga y Sotomayor, foi comandante en xefe da Armada Española e dirixiuna durante a tráxica aventura da coñecida "Armada Invencible".

Traxectoría[editar | editar a fonte]

Nado en Cádiz en 1550, en 1556 converteuse en X Conde de Niebla tras a morte do seu pai, en 1558 no VII Duque de Medina-Sidonia tras o falecemento do seu avó (Juan Alonso Pérez de Guzmán y Zúñiga), convertendose no posuidor dunha das maiores fortunas de Europa.

Compromiso e matrimonio[editar | editar a fonte]

O sétimo duque foi prometido en 1565 con Ana de Silva e Mendoza, filla da princesa de Éboli, que tiña nese momento 4 anos. En 1572, cando a duquesa tiña algo máis de 10 anos, o Papa Gregorio XIII concedeulles unha dispensa para a consumación do matrimonio. Foi o escándalo da época aínda que parece non ter ningún fundamento ao acusar a Filipe II dunha intriga amorosa coa princesa de Éboli. O invariable e inmerecido favor mostrado cara ao duque foi explicado por un interese máis paternal cara á duquesa.

Honras recibidas[editar | editar a fonte]

Alonso non fixo esforzos serios para salvar á súa sogra da persecución que sufriu a mans de Filipe II. A súa correspondencia está chea de ximoteos e queixas pola súa situación de pobreza e peticións de favores ao rei. En 1581 foi nomeado cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro e capitán xeneral da Lombardía.[1]

Alonso foi tamén o patrón de Jerónimo Sánchez de Carranza, quen escribiu o primeiro texto sobre o sistema de loita española con espada chamado Verdadeira destreza e denominado o pai da esgrima española.

Ao mando da Armada[editar | editar a fonte]

Cando Álvaro de Bazán (marqués de Santa Cruz) morreu o 9 de febreiro de 1588, Filipe II insistiu en nomearlle capitán xeral do mar Océano (comandante da Armada).[2] Foi obrigado a ir a pesar das súas declaracións acerca da súa inexperiencia, falta de capacidade e os seus mareos constantes no mar. O seu goberno da Armada xustificou a súa súplica. Ata lle acusaron de mostrar falta de coraxe e regresou completamente enfermo polos sufrimentos da campaña, que o encaneció. O duque retivo os seus títulos de Almirante do Océano e Capitán Xeneral de Andalucía ata co desprezo que expresaba por el a nación enteira.

Anos finais[editar | editar a fonte]

Cando unha frota anglo-holandesa tomou e saqueou Cádiz en 1596[3] , a súa lentitude e timidez foi en gran parte responsable da perda da praza.[4] Foi levado ao ridículo por Cervantes nun soneto.[5] Aínda así, o favor real continuou ata co sucesor de Filipe II. En 1606 a obstinación e torpeza do duque causaron a perda dunha escuadra nas proximidades de Xibraltar por parte dos holandeses.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Colección de documentos inéditos para a historia de España, vol XXVIII, páx. 369.
  2. Op. cit., páx. 378.
  3. Documentos relativos a la toma y saco de Cádiz por los ingleses, pp. 205–435, de la Real Academia de la Historia.
  4. Pedro de Abreu: Historia do saqueo de Cádiz polos ingleses en 1596, escrita pouco despois do suceso, foi vetada na súa época polas críticas vertidas contra a defensa española. Publicaríase por vez primeira en 1866.
  5. o_duque_de_Medina_en_Cádiz Soneto á entrada do duque de Medina en Cádiz, en wikisource.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]