Alois Brunner
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de abril de 1912 Deutsch Kaltenbrunn |
| Morte | decembro de 2001 Damasco |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Sereď concentration camp (en) República Eslovaca |
| Ocupación | militar, político, perpetrador do Holocausto |
| Empregador | Gestapo Gehlen Organization (en) Orient Trading Company |
| Partido político | Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (1931–) |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Lealdade | Alemaña Nazi |
| Rama militar | Schutzstaffel |
| Rango militar | Hauptsturmführer |
| Participou no conflito | Segunda Guerra Mundial ocupación da República Eslovaca |
| Outro | |
| Cónxuxe | Anna Röder |
| Condenado por | crime de lesa humanidade (1954) → (pena de morte) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2015.) |
Alois Brunner, nado o 8 de abril de 1912 en Nádkút, Hungría (actualmente pertence a Austria co nome de Rohrbrunn), foi un militar austríaco, membro das SS, é un criminal de guerra nazi que foi axudante de Adolf Eichmann.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi responsable do envío de 43.000 xudeus austríacos e 46.000 de Salónica ás cámaras de gas, foi comandante do campo de internamento de Drancy, nos arredores de París, de xuño de 1943 a agosto de 1944, deportou 25.000 xudeus franceses a Auschwitz, e foi responsable do envío de 140.000 xudeus ás cámaras de gas. Condenado en ausencia en Francia en 2001 a cadea perpetua por crimes contra a humanidade. Segundo o xornal británico The Guardian é o máis importante fuxitivo nazi vivo, xa que non hai constancia do seu falecemento. Refuxiado en Damasco foi conselleiro especial de seguridade do presidente Hafez el-Assad utilizando o nome de Georg Fischer.