Almudena Chacón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX A Coruña, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | política |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Almudena Chacón Pichel, nada na Coruña[cando?], é unha economista galega, interventora xeral da Comunidade Autónoma de Galicia dende 2012.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Económicas pola Universidade da Coruña, realizou un mestrado en fiscalidade na Universidade de Bath (Inglaterra), e aprobou unhas oposicións á Xunta de Galicia, co que desenvolveu toda a súa carreira profesional na administración autonómica, como interventora e inspectora. Foi a interventora da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e subdirectora xeral de Coordinación e Relacións co Consello de Contas da Intervención Xeral (2009-2012). En xaneiro de 2012 foi designada interventora xeral da Comunidade Autónoma en substitución de Elena Muñoz, que pasou a ser a conselleira de Facenda.