Alice Winocour
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1976 (48 anos) París, Francia |
Actividade | |
Ocupación | guionista, directora de cinema |
Período de actividade | 2003 - |
Membro de | |
Participou en | |
2022 | Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2022 |
2015 | Festival de Cannes 2015 (pt) |
2012 | Festival de Cannes 2012 (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Alice Winocour, nada en París o 13 de xaneiro de 1976, é unha directora de cine e guionista francesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alice Winocour realizou estudos de Dereito e máis tarde matriculouse na Escola nacional de cine de Francia, La Fémis. Tras o seu paso pola escola, dirixiu tres curtametraxes. A primeira, Kitchen, foi seleccionada en competición oficial en Cannes en 2005, onde recibiu o Premio Gras Savoy de Curtametraxe. Antes de facer a súa primeira longametraxe, Alice Winocour participou no guión de Casa, de Ursula Meier (Critics 'Week, 2008) e máis tarde fixo o guión da película de Vladimir Perišić, Ordinary People (2009), seleccionada na Semana da Crítica de 2009.[1]
En 2014, coescribiu con Deniz Gamze Ergüven o guión da película Mustang, que proxectou na sección Quincena de Realizadores do Festival de Cannes 2015[2][3] onde gañou o Premio Europa Cinemas Label.[4]
A súa primeira longametraxe, Augustine, baseada na relación entre o profesor Charcot e o seu paciente Augustine, foi presentada no Festival de Cine de Cannes 2012 como parte da Semana da Crítica.[5]
A súa segunda longametraxe, Maryland, que reunía a Diane Kruger e Matthias Schoenaerts, competiu na sección Un Certain Regard no Festival de cinema de Cannes 2015 e foi presentada no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- 2003 : Orphée, de Kamen Kalev (guión)
- 2005 : Kitchen
- 2006 : Magic Paris
- 2008 : Pina Colada
Longametraxes
[editar | editar a fonte]- 2009 : Ordinary People (guión)
- 2012 : Augustine
- 2015 : Mustang (coguionista)
- 2015 : Mariland
- 2019 : Proxima
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2019[6] | Premio especial do xurado | Próxima | Gañador |
2019 | Premio Signis-Mención especial | Próxima | Gañador |
Para Maryland
[editar | editar a fonte]- Selección oficial do Festival de cinema de Cannes 2015
- Sesión de Gala TIFF (2015)
- Premio Posta en Escena da AFI FEST (2015)
Para Mustang
[editar | editar a fonte]- Selección dos Premios Óscar a Mellor película estranxeira (2016)
- César ao Mellor guión orixinal (2016)
Para Augustine
[editar | editar a fonte]- Selección para a Semana da Crítica, Cannes 2012.
- Nomeamento ao premio César á mellor ópera prima (2013)
- Preselección para os Globos de Ouro á Mellor película estranxeira (2013)
- Gañadora do premio da Fundación Gan para o cine en 2011.[7]
Para Kitchen
[editar | editar a fonte]- Selección na competición oficial do Festival de cine de Cannes de 2005
- Gran Premio de Turín (2005)
- Premio TV5 para a mellor curtametraxe francófona - Festival international du film et de la télévision de Xenebra de 2005.
- Mellor curtametraxe internacional no Festival international du cine francófono en Acadie de Moncton (2005)
- Mención especial - Ludwigsburg, Bienal europea de curtametraxes (2005)
- Oso de prata do Festival das Nacións de Ebensee (2006)
Por Magic Paris
[editar | editar a fonte]- Gran Premio do Festival de Cabourg
- Diploma do xurado - Festival internacional de documentais, curtametraxes e animación de cine de San Petersburgo
- Lutin á mellor actriz (Johanna ter Steege), Les Lutins du court-métrage (2008)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stéphane Delorme, Possession, entretien avec Alice Winocour, Cahiers du cinéma, n° 683, novembro de 2012, p. 29
- ↑ "The Directors' Fortnight 2015 selection!". Quinzaine des Réalisateurs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2016.
- ↑ Justin Chang (21 de abril de 2015). "Cannes: Directors’ Fortnight Unveils 2015 Lineup". Variety (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2016.
- ↑ Rebecca Ford (22 de maio de 2015). "Cannes: 'Embrace of the Serpent' Tops Directors' Fortnight Awards". Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- ↑ Critique du New York Times
- ↑ "La Concha de Oro es para 'Pacificado'". 29 de setembro de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2019.
- ↑ "Augustine". Fundación Gan. 11 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2018. Consultado o 29 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alice Winocour |
- Alice Winocour na IMDb (en inglés).
- Reunión con Alice Winocour en Grand-Écart.fr