Saltar ao contido

Alice Domon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlice Domon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Alice Anne-Marie Jeanne Domon Editar o valor en Wikidata
23 de setembro de 1937 Editar o valor en Wikidata
Charquemont, Francia Editar o valor en Wikidata
Mortedecembro de 1977 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Océano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgrexa da Santa Cruz (2005–) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrelixiosa católica Editar o valor en Wikidata

Alice Domon, Caty, nada en 1937 en Charquemont, Doubs, Francia e finada o 17 ou 18 de decembro de 1977 no Mar Arxentino cerca de Santa Teresita, foi unha monxa católica francesa detida-desaparecida durante a ditadura militar na Arxentina denominada Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983). O caso da desaparición e asasinato de Alice Domon está relacionado co da súa compañeira de congregación Léonie Duquet e o caso de ambas é mundialmente coñecido como o de «las monjas francesas».

A súa vida

[editar | editar a fonte]

Alice Domon naceu en Charquemont, na rexión de Doubs, en Francia. Desde moza ingresou á Congregación das Misións Estranxeiras de París (Société des Missions Etrangères) que a enviou en 1967 á Arxentina, instalándose en Hurlingham e Morón, no cordón industrial de Buenos Aires, orientándose á catequese de persoas con necesidades especiais.

Domon formou alí parte do grupo dirixido polo sacerdote Ismael Calcagno, primo político de Jorge Rafael Videla, o ditador ao mando ao momento de ser secuestrada e asasinada. Alí estaba asignada tamén Léonie Duquet con quen estableceu unha profunda amizade. Paradoxalmente, Léonie Duquet e Alice Domon coñeceron a Videla debido a que este recorreu á súa axuda para a asistencia do seu fillo Alejandro, un neno discapacitado a quen as irmás Alice e Léonie coidaron, ensinaron e catequizaron na Casa da Caridade de Morón.[1]

Alice dedicouse ao traballo social cos poboadores das villas miseria, grandes complexos informais de vivendas precarias. En 1971 foi a Corrientes para colaborar na organización das Ligas Agrarias, que organizaron aos pequenos produtores de algodón.[2]

Ao producirse o golpe militar do 24 de marzo de 1976 e instalarse un réxime fundado no terrorismo de estado Alice tomou a decisión de participar activamente nas organizacións de dereitos humanos. Ao seu regreso de Corrientes foi hospedada por Léonie Duquet na súa casa.

En decembro de 1977 a Irmás Alice e Léonie, coas Nais de Praza de Maio e outros activistas de dereitos humanos, prepararon unha solicitude co nome dos desaparecidos e o reclamo ao goberno de dar a coñecer o seu paradoiro. A solicitude foi publicada no diario La Nación o 10 de decembro de 1977, o mesmo día da súa desaparición. Entre os asinantes figura o nome de Gustavo Niño, nome falso que utilizou o entón capitán da Mariña Alfredo Astiz para infiltrarse no grupo das Nais de Praza de Maio.[3]

Desaparición, secuestro, tortura e asasinato

[editar | editar a fonte]

Entre o xoves 8 de decembro e o sábado 10 de decembro de 1977 un grupo de militares baixo o mando de Alfredo Astiz secuestrou a un grupo de 12 persoas vinculadas á Nais de Praza de Maio[4] Entre elas atopábase Alice Domon, xunto coa fundadora de Nais de Praza de Maio Azucena Villaflor e a súa compañeira tamén monxa francesa Léonie Duquet.

A maior parte do grupo foi secuestrado na Igrexa Santa Cruz situada no barrio de San Cristóbal da cidade de Buenos Aires, onde adoitaban reunirse. Alí foi secuestrada Alice Domon.

A Irmá Alice foi levada directamente ao centro clandestino de detención situado na Escuela de Mecánica de la Armada (ESMA), baixo o control da Mariña Arxentina, onde foi recluída no sector denominado "Capucha". Alí permaneceu aproximadamente 10 días, lapso durante o cal foi constantemente torturada. No Informe Nunca Más as testemuñas Maggio e Cubas, sobreviventes da ESMA, relataron o que sabían sobre a súa sorte:

...Lo mismo sucedió con las religiosas francesas Alice Domon y Leonie Renée Duquet. Tuve oportunidad personal de hablar con la hermana Alice, ya que fue llevada junto con la hermana Renée al tercer piso del Casino de Oficiales de la ESMA, lugar donde me encontraba cautivo. Esto ocurre alrededor del 11 ó 12 de diciembre. Es cuando me cuenta que había sido secuestrada en una iglesia, conjuntamente con familiares de desaparecidos. Luego supe que eran 13 personas; las hermanas estaban muy golpeadas y débiles, ya que para llevar al baño a la hermana Alice tenían que sostenerla dos guardias. Le pregunte si la habían torturado y me contestó afirmativamente: la habían atado a una cama totalmente desnuda y le habían aplicado la picana por todo el cuerpo; además dijo que después la habían obligado a escribir una carta a la Superiora de su Congregación, la escribió en francés bajo constante tortura, y posteriormente le sacaron una foto a ambas, sentadas junto a una mesa. Las fotos les fueron sacadas en el mismo lugar donde las torturaron: el subsuelo de Casino del Oficiales. Las hermanas estuvieron en ESMA unos diez días, torturadas e interrogadas. Luego fueron «trasladadas» junto con las once personas restantes. Los rumores internos fundamentados por el apresuramiento con que se sacó de allí a estas personas, indicaban el asesinato de las mismas. (Testemuño de Horacio Domingo Maggio, Cartapacio N° 4450).
Cayeron alrededor de 10 ó 12 familiares, entre ellos la Hermana francesa Alice Domon. Más tarde fue llevada también a la ESMA la hermana Rennée Duquet, de la misma Congregación religiosa que la hermana Alice. A la hermana Renée la alojaron en "Capuchita". Las hermanas Alice y Renée fueron salvajemente torturadas, especialmente la primera. La conducta de ellas fue admirable. Hasta en sus peores momentos de dolor, la Hermana Alice que estaba en "Capucha"- preguntaba por la suerte de sus compañeros y en el colmo de la ironía- en forma particular por el «muchachito rubio», que no era otro que el Teniente de Fragata Astiz (quien se había infiltrado en el grupo haciéndose pasar por familiar de un desaparecido)... A punta de pistola la obligó a la hermana Alice a redactar una carta de su puño y letra... Para coronar esa parodia se les tomó (a ambas Hermanas) fotografías en el propio laboratorio fotográfico de la ESMA, en las que aparecían sentadas delante de una mesa con un cartel del Partido Montonero atrás. Las Hemanas Alice y Renée fueron «trasladadas» y junto con ellas los familiares secuestrados en la misma circunstancia. (Testemuño de Lisandro Raúl Cubas, Cartapacio N° 6974).

A nacionalidade francesa das irmás Léonie Duquet e Alice Domon xerou un escándalo internacional, especialmente con Francia. Por esa razón o Xefe da Armada e membro da Xunta Militar, Emilio Massera, ordenou simular que ámbalas dúas monxas foran secuestradas pola organización guerrilleira Montoneros. A tal fin Domon foi obrigada baixo tortura a escribir unha carta á súa superiora na congregación, carta que foi escrita en francés, dicindo que foran secuestradas por un grupo opositor ao goberno de Videla. Logo sacáronlles a foto que se atopa nesta páxina na que as dúas monxas atópanse sentadas diante dunha bandeira de Montoneros e exhibindo un exemplar do diario La Nación. A foto, que foi tomada no subsolo do Casino de Oficiais da ESMA e na que ámbalas dúas relixiosas aparecen con evidentes signos de ser torturadas, foi enviada á prensa francesa.

O 15 de decembro de 1977 o xornal La Nación publicou unha noticia da axencia EFE baixo o título "Vivas y con buena salud". Alí se informaba que a Nai Superiora da Congregación declaraba desde Francia que as irmás Léonie e Alice foran detidas e que "se hallan vivas y con buena salud". Aclaraba tamén que a información proviña do Nuncio na Arxentina.

Probabelmente o día 17 ou 18 de decembro de 1977, as dúas irmás e o resto do grupo, foron "trasladadas" ao aeroporto militar que se atopa no extremo sur do Aeroparque da cidade de Buenos Aires, subidos sedados a un avión da Mariña e guindadas vivas ao mar fronte á costa de Santa Teresita, morrendo ao chocar contra a auga.

Nun exemplo de humor atroz os mariños vinculados á represión durante a guerra sucia na Arxentina adoitaban naqueles tempos facer referencia a "las monjas voladoras".[5]


En 1990 o capitán Alfredo Astiz foi condenado en ausencia a cadea perpetua pola Corte de Apelacións de París como culpábel da morte das irmás Léonie Duquet e Alice Domon[6]

Procura dos seus restos

[editar | editar a fonte]

O 20 de decembro de 1977 comezaron a aparecer cadáveres provenientes do mar nas praias da provincia de Buenos Aires á altura dos balnearios de Santa Teresita e Mar do Tuyú. Os médicos policiais que examinaron os corpos nesa oportunidade rexistraron que a causa da morte fora "el choque contra objetos duros desde gran altura", como indicaban o tipo de fracturas óseas constatadas, sucedidas antes da morte [7]. Sen realizar máis investigacións as autoridades locais dispuxeron de inmediato que os corpos fosen enterrados como NN no cemiterio da próxima cidade de General Lavalle.

Xa restablecida a democracia, en 1984, no marco da investigación da CONADEP e do Xuízo ás Xuntas realizáronse escavacións no cemiterio de General Lavalle, atopándose unha gran cantidade de restos óseos provenientes dos cadáveres achados nas praias de San Bernardo e Lucila del Mar. Estes restos foron utilizados no xuízo ás Xuntas e gardados logo en 16 bolsas.

A partir de entón o xuíz Horacio Cattani empezou a acumular causas sobre desaparecidos. A pesar das leis de Punto Final e Obediencia Debida, que paralizaron as investigacións, Cattani logrou armar en 1995 un arquivo de 40 metros cadrados onde aloxar todas esas probas.

En 2003 o intendente de General Lavalle informou que se localizaron novas tumbas de NN no cemiterio da cidade. O xuíz Cattani ordenou entón realizar novas escavacións co Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense (EAAF), descubríndose dúas liñas de tumbas, unha por encima da outra. Descubríronse así 8 esqueletos, 5 correspondentes a mulleres, 2 correspondentes a homes e un, clasificado como GL-17, que se definiu como "probablemente masculino".

Como resultado deses estudos foron achados e individializados os restos de cinco mulleres do grupo secuestrado entre os días 8 e 10 de decembro de 1977: Azucena Villaflor, María Ponce de Bianco, Esther Ballestrino de Careaga, Angela Auad e a Hemana Léonie Duquet. Todas elas foron enterradas no xardín da Igrexa Santa Cruz.[8]

Ata o momento os restos de Alice Domon non foron achados e permanecen desaparecidos.

Coñecemento e encubrimento por parte do Goberno dos Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

Documentos segredos do goberno dos Estados Unidos desclasificados en 2002 proban que o goberno norteamericano sabía desde 1978 que os corpos sen vida das monxas francesas Alice Domon e Léonie Duquet e as nais de Praza de Maio Azucena Villaflor, Esther Ballestrino e María Ponce, foran atopadas nas praias bonaerenses. Esta información foi mantida en segredo e nunca foi comunicada ao goberno democrático arxentino.

O dato está incluído en Documento Nº 1978-BOS-02346 dirixido polo entón Embaixador dos Estados Unidos na Arxentina, Raúl Castro, ao Secretario de Estado dos Estados Unidos, leva data do 30 de marzo de 1978 e menciona como obxecto "Informe sobre monjas muertas". Textualmente o documento di:

1. A.F.P. Marzo 28 Historia recopilada en Paris informa que los cuerpos de dos monjas francesas (Alicia Doman y Renee Duguet) que fueron secuestradas a mediados de diciembre con otros once activistas de derechos humanos fueron identificados entre los cuerpos cerca de Bahía Blanca. 2. Buenos Aires estaba llena de ciertos rumores desde hace un mes sobre constancias del descubrimiento de un número de cadáveres llevados a la playa por vientos inusualmente fuertes a lo largo del mar atlántico en puntos cercanos a la boca del Río de la Plata unas 300-350 millas al norte de Bahía Blanca (Ver Buenos Aires 1919 para control) 3. (Sección en borrada) que estuvo tratando de rastrear estos rumores tiene información confidencial de que las monjas fueron secuestradas por agentes de seguridad argentinos y en algún momento fueron transferidas a la localidad de Junín que se encuentra cerca de 150 millas al oeste de Buenos Aires. 4. La Embajada también tiene información confidencial obtenida a través de una fuente (protegida) del gobierno argentino de que siete cuerpos fueron descubiertos hace algunas semanas en la playa atlántica cerca de Mar del Plata. De acuerdo a esta fuente, los cuerpos eran los de las dos monjas y cinco madres que desaparecieron entre el 8 y el 10 de diciembre de 1977. Nuestra fuente confirma que estos individuos fueron secuestrados por miembros de las fuerzas de seguridad actuando bajo su amplio mandato contra terroristas y subversivos. La fuente además declaró que pocos individuos en el GOA estaban al tanto de esta información. 5. Esta fuente ha informado verazmente en el pasado y tenemos razones para creer que tiene conocimiento sobre questiones de desapariciones. La Embajada solicita que su informe sea protegido para evitar comprometer una fuente que ha probado ser útil en proveer información concerniente a individuos perdidos o desaparecidos. CASTRO.[9]

Cada 8 de decembro, na Igrexa Santa Cruz, de San Cristóbal, recórdase o aniversario da desaparición do grupo de Nais de Praza de Maio, activistas de dereitos humanos e as dúas monxas francesas, Léonie Duquet e Alice Domon.

No ano 2000, por Lei N° 397, a Lexislatura da Cidade de Buenos Aires denominou "Hermana Alice Domon y Hermana Leonie Duquet" á plazoleta localizada na intersección das rúas Moreto, Medina e Cajaravilla.

No ano 2000 o director de cine Alberto Marquardt realizou unha película documental sobre a súa vida chamada Yo, Sor Alice, de produción arxentino-francesa[10]

No ano 2005 a cidade de París púxolle o nome "Alice Domon et Léonie Duquet" a unha rúa do 13 arrondissement.[11][12]

  1. Seoane, María (2001), El dictador, Buenos Aires: Sudamericana
  2. "Historia de apariciones, por Victoria Guinzberg". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2007. Consultado o 02 de decembro de 2007. 
  3. "In memorian de Léonie Duquet, La Vaca, 27 de setembro de 2005". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2007. Consultado o 02 de decembro de 2007. 
  4. O grupo completo secuestrado estaba integrado por Azucena Villaflor de Vicenti, Esther Ballestrino de Careaga, María Ponce de Bianco (as tres fundadoras de Nais de Praza de Maio), as monxas Alice Domon e Léonie Duquet, e os activistas de dereitos humanos Angela Auad, Remo Berardo, Horacio Elbert, José Julio Fondevilla, Eduardo Gabriel Horane, Raquel Bulit e Patricia Oviedo.
  5. Clarín.com (2005-08-30). "Tecnología, tenacidad y una muestra de sangre traída de Francia en secreto". Clarín (en castelán). Consultado o 2023-06-26. 
  6. Clarín.com (2006-04-03). "Francia entregó las pruebas con las que condenó a Astiz". Clarín (en castelán). Consultado o 2023-06-26. 
  7. "Por primera vez hallan cuerpos de los vuelos de la muerte, Río Negro, 9 de xullo de 2005". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2007. Consultado o 02 de decembro de 2007. 
  8. Clarín.com (2005-09-25). "Inhumaron los restos de la monja francesa Léonie Duquet". Clarín (en castelán). Consultado o 2023-06-26. 
  9. "Documento Segredo da Embaixada de EEUU na Arxentina, Nº 1978-BUENOS-02346, 30 de marzo de 1978, Informe sobre monjas muertas, orixinal en inglés" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xaneiro de 2006. Consultado o 02 de decembro de 2007. 
  10. "Yo, sor Alice". www.cineismo.com. Consultado o 2023-06-26. 
  11. Mairie de Paris (ed.). "Wikiwix's cache". paris.fr. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2019. Consultado o 27 de xuño de 2019. 
  12. Jean-Christophe Pacchiana. "Alice Domon". Le blog de Jean-Christophe Pacchiana (en francés). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]