Alfredo Garasini
Garasini | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Alfredo Garasini | ||
Nacemento | 1887 | ||
Lugar de nacemento | Buenos Aires | ||
Falecemento | 6 de xaneiro de 1950 | ||
Lugar de falecemento | Santa Fe, Arxentina | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Boca Juniors | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1916-1921 | Boca Juniors | ||
1921-1922 | Deportivo Norte | ||
1922-1928 | Boca Juniors | ||
Selección nacional | |||
1924-1925 | Selección de fútbol da Arxentina | 2 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Alfredo Garasini, nado en 1897 en Buenos Aires e finado o 6 de xaneiro de 1950 foi un futbolista e adestrador arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formado nas categorías inferiores de Boca Juniors, debutando co primeiro equipo o 1 de xuño de 1916. Militou no club un total de 12 tempadas como xogador e 4 como adestrador, case toda a súa carreira futbolística, exceptuando un ano que xogou no Deportivo Norte a causa de problemas coa directiva de Boca e o 29 de xuño de 1920 que xogou para River Plate na Copa Competencia fronte a Atlanta.
Á parte das labores de xogador e adestrador a súa vinculación con Boca foi máis aló, xa que, amais de xogar en tódalas posicións do campo (incluíndo a de gardameta suplindo a Tesorieri), tamén foi masaxista e xuíz de liña, na época en que tódolos clubs achegaban un á competición.
Formou parte da famosa xira que o equipo xeneize realizou por Europa en 1925.
Coa selección de fútbol[editar | editar a fonte]
Debutou coa Selección de fútbol da Arxentina o 25 de outubro de 1924 ante Chile. Tamén xogaría un segundo encontro o 13 de decembro de 1925 ante o Brasil, ante quen anotou un gol.
Como Adestrador[editar | editar a fonte]
Unha vez retirado do fútbol en activo foi adestrador de Boca Juniors entre 1943 e 1945, obtendo dous campionatos arxentinos, en 1943 e 1944.
Faleceu formando parte do corpo técnico do club na cidade de Santa Fe, a onde se trasladou xunto ao equipo para xogar un amigábel ante Colón de Santa Fé.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Asociación Argentina de Football | Boca Juniors | Arxentina | 1943 |
Asociación Argentina de Football | Boca Juniors | Arxentina | 1944 |
Distincións individuais[editar | editar a fonte]
Distinción | Ano |
---|---|
Máximo goleador da Asociación Argentina de Football | 1919 |