Alfredo Canalejo
Aparencia
(Redirección desde «Alfredo Canalejo Martínez»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 A Coruña, España |
Morte | 8 de agosto de 1974 (75/76 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , xornalista |
Alfredo Canalejo Martínez-Fontenla, nado na Coruña en 1898 e finado na mesma cidade o 8 de agosto de 1974,[1] foi un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi profesor no Sanatorio Marítimo de Oza.[2] Pertenceu ás Irmandades da Fala e tras marchar a Francia para estudar na Sorbona volveu a Galicia en 1927. Publicou unha recolleita de catro narracións en 1927 titulada Contos[3] e unhas poucas narracións máis da prensa da época. Na Segunda República foi secretario de La Juventud Republicana da Coruña (1931)[4] e logo presidente en 1932[5], e en 1933 dirixiu o semanario La Draga. Afectado pola Guerra Civil española non volveu publicar pero seguiu a escribir profusamente.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Oliva Albertino Salgado.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 10-8-1974, p. 43.
- ↑ El Compostelano, 22-11-1923, p. 3.
- ↑ Contos
- ↑ Vida Gallega, 10-4-1931, p. 49.
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-1-1932, p. 5.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.