Alfredo Álvarez Pérez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1868 Cortegada, España |
| Morte | 7 de novembro de 1914 Buenos Aires, Arxentina |
| Actividade | |
| Ocupación | arquitecto |
| Familia | |
| Irmáns | Guillermo Álvarez Pérez |
Alfredo Álvarez Pérez, nado en Cortegada en 1868 e finado en Buenos Aires o 7 de novembro de 1924[1], foi un arquitecto e filántropo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Buenos Aires en 1885 co seu pai e o seu irmán Guillermo. Traballou como obreiro da construción e fíxose arquitecto. Construíu co seu irmán Guillermo a Embaixada de España en Buenos Aires. Foi socio fundador do Centro Gallego, para o que achegou un terreo, presidente do Consello de Administración do Banco Español del Río de la Plata, da Asociación Patriótica Española e da Azucarera Argentina. Foi presidente do Centro Gallego (1918-1923).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Correo de Galicia, 8-11-1925, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Artigo "ÁLVAREZ PÉREZ, Alfredo", en Gran Enciclopedia Galega.