Saltar ao contido

Guillermo Álvarez Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuillermo Álvarez Pérez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1867 Editar o valor en Wikidata
Cortegada, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de outubro de 1929 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto, filántropo Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAlfredo Álvarez Pérez Editar o valor en Wikidata

Guillermo Álvarez Pérez, nado en Cortegada en 1867 e finado en Buenos Aires o 6 de outubro de 1929[1], foi un arquitecto e filántropo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrou a Buenos Aires en 1885 co seu pai e o seu irmán Alfredo. Traballou como obreiro da construción e fíxose arquitecto. Construíu co seu irmán Alfredo a Embaixada de España en Buenos Aires. Foi socio do Centro Gallego. Grazas a súa amizade co conde de Bugallal conseguiu para Cortegada escolas, xulgado de paz, correos e telégrafos e estrada. Contribuíu a sufragar os gastos destas instalación, principalmente a construción do edificio do Concello, xulgado, escolas e vivendas para mestres. No seu testamento deixou 100.000 pesetas para repartir entre os pobres do concello, 150.000 para edificación dunha Casa consistorial escolar e 3.000 pesetas para arranxo da praza[2]. Foi condecorado por Afonso XIII coa Gran Cruz de Sabela a Católica.

Edificio do concello, xulgado e escolas de Cortegada inaugurado en 1936.

En Cortegada hai unha rúa co nome de Irmáns Álvarez. Dedicáronlle uns xardíns onde instalaron un busto obra de Francisco Asorey.

  1. Correo de Galicia, 13-10-1929, p. 4.
  2. El Progreso, 9-5-1930, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]