Alfred Steele
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1901 Nashville, Estados Unidos de América |
Morte | 4 de abril de 1959 (57 anos) Manhattan, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Ferncliff Cemetery (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Northwestern (pt) |
Actividade | |
Ocupación | director executivo , empresario |
Empregador | Pepsi-Cola Company (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Joan Crawford (1955–1959) |
Alfred Nu Steele, coñecido como Alfred Steele, nado en Nashville, Tennessee, o 24 de abril de 1900 e finado en Nova York o 19 de abril de 1959, foi un empresario estadounidense famoso por ser director executivo (CEO) de Pepsi.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse na Universidade Northwestern de Illinois en 1923. O seu primeiro traballo foi en Coca-Cola como vicepresidente de mercadotecnia.[1]
En 1949 converteuse en CEO de Pepsi-Cola. Baixo a súa dirección, as vendas triplicáronse entre 1955 e 1957. Reduciu o contido de azucre dos produtos Pepsi. Finou por un ataque cardíaco en abril de 1959.
Foi o cuarto e derradeiro marido da actriz Joan Crawford (casaron o 10 de maio de 1955 en Las Vegas).[2] Despois da súa morte, o novo director de Pepsi, escollido por Steele, nomeou a Crawford membro do Consello de Administración, onde permanece até a súa xubilación forzosa en 1973. A actriz colaborou na promoción da bebida en varias películas, como Strait-Jacket (1964) ou Berserk! (1967), e xestionou o patrocinio dun pabillón de animatrónicos na Exposición de Nova York con Walt Disney.
Tanto Alfred como Crawford están enterrados no cemiterio de Ferncliff en Nova York. O seu nome na cripta indica incorrectamente a súa inicial do medio como "M" en vez de "N" sen razón explicada.
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]Foi interpretado por Harry Goz no filme Mommie Dearest de 1981. [3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "What Happened To Alfred Steele? Joan Crawford's Husband Had A Tragic Passing". Bustle. 5 de marzo de 2017. Consultado o 8 de novembro de 2020.
- ↑ "Escape Artist: The Case for Joan Crawfod". The New Yorker. January 3, 2011. Consultado o 8 de novembro de 2020.
- ↑ "Harry Goz". British Film Institute. Consultado o 8 de novembro de 2020.