Saltar ao contido

Alfonso Fandiño Ricart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfonso Fandiño Ricart
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Morte17 de setembro de 1991 Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsManuel Fandiño Ricart
Maruxa Fandiño Ricart
Coralia Fandiño Ricart
Antonio Fandiño Ricart Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 125427 Nomes e Voces: 21903

Francisco Alfonso Fandiño Ricart, nado en Santiago de Compostela cara 1908 e finado na Coruña o 17 de setembro de 1991, foi un militante anarcosindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pintor de profesión e militante anarcosindicalista como os seus irmáns Antonio e Manuel, cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era secretario da Federación Local de Sindicatos de Santiago de Compostela integrada na CNT. Artellou a expedición proletaria que saíu en axuda dos obreiros coruñeses. Fracasada a resistencia, fuxiu dende Muros nun bou cara a Francia. Dende alí volveu a Asturias e foi un dos animadores e secretario da Agrupación Confederal Galaica de Asturias e xa en Valencia da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. Coa derrota da República, marchou ao exilio en Francia [Cómpre referencia]. Regresou á Coruña nos anos sesenta e defendeu a volta da CNT á legalidade previo pacto cos xerarcas falanxistas da CNS. Cando caeu o franquismo, militou na CNT. Finou na Coruña o 17 de setembro de 1991.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Mercedes Búa Tajes.

Era irmán de Manuel e Antonio, tamén militantes anarcosindicalistas e de Coralia e Maruxa, coñecidas en Compostela como "As dúas Marías".

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-9-1991, p. 65.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]