Conversa:Alfonso Fandiño Ricart

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Erros na biografía[editar a fonte]

Coñecín como militante a Alfonso Fandiño Ricart. Hai algúns erros na súa biografía. Cando rematou a guerra foi feito prisionero no campo de Albatera, do que conseguíu saír grazas a que coñecía a varios sacerdotes de Compostela (era pintor de imaxes). Cando saíu marchou a Barcelona, onde militou, con nome falso, no Sindicato da Construcción da CNT ata os anos 50. Nunca dixo que estivera en Francia, co que creo que habería que poñer en corentena este dato. Despois voltou á Coruña, onde militou na CNT.

Todas estas confusións alimentounas o feito de que os seus datos se mesturan cos dos seus irmáns, tamén militantes da CNT.

Non me atrevo a modificar nada con so a miña testemuña, pero creo que habería que corrixir o artigo. Un saúdo.

--Lohcavar (conversa) 3 de decembro de 2019 ás 09:33 (UTC)[responder]

Lohcavar, para que as modificacións no artigo sexan fundamentadas o que habería que facer sería achegar referencias das cousas que comentas, se tes a man fontes nas que se poidan verificar eses datos, anótaas aquí e, despois de revisalas, poderá amañarse o artigo indicando esas referencias. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2019 ás 10:46 (UTC)[responder]

Precisamente ese é o problema: que non teño máis proba que a miña testemuña. Cando consiga as probas, achegareinas.--Lohcavar (conversa) 3 de decembro de 2019 ás 13:05 (UTC)[responder]

Xenial :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2019 ás 13:32 (UTC)[responder]