Alfons Quintà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfons Quintà
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1943 Editar o valor em Wikidata
Figueres, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de decembro de 2016 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata
Director of Televisió de Catalunya (en) Traducir
1982 – 1984 – Enric Canals (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , xuíz , avogado , assassinato-suicídio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

Alfons Quintà i Sadurní, nado en Figueres en 1943, e finado en Barcelona o 19 de decembro de 2016, foi un xornalista e avogado catalán, oficial da Mariña Mercante.[1] Exerceu de xuíz.[2]

Carreira xornalística[editar | editar a fonte]

Alfons Quintà destacou especialmente como xornalista. Creou os programas en catalán de Ràdio Barcelona.[3] Foi delegado do xornal El País en Cataluña, onde escribiu unha serie de artigos que relacionaban a Jordi Pujol co caso da Banca Catalana. Porén, a administración Pujol nomeouno director xeral do Proxecto dunha Empresa Pública para a Produción e Transmisión de Televisión de Cataluña.[4] Despois de deixar a xestión da TV3, Quintà colaborou no proxecto de El Observador, o xornal promovido por Lluís Prenafeta, e do que foi director ata poucos meses despois da saída da primeira copia.[5] Foi asesor científico da Gran Enciclopèdia Catalana.[3] Dende entón, Quintà foi columnista do xornal Avui, ata o 2005 na columna diaria "L'encenall" e no semanal "Planetàrium"; despois, comezou a perder espazo significativamente e deixou de escribir nel no ano 2009. En maio de 2012, foi nomeado director do xornal dixital El Debat, en substitución de Francisco Moreno. Tamén foi columnista do Diari de Girona e foi implicado como paroleiro en programas como Amics, coneguts i saludats de 8tv.

Morte[editar | editar a fonte]

O día 19 de decembro de 2016 foron atopado mortos na súa casa en Barcelona, a súa esposa e el. Ó parecer, asasinou á súa esposa cunha escopeta de caza e, a continuación, suicidouse.[2] De feito, no primeiro andar, atopouse unha nota de suicidio.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cambios en la Redacción de EL PAIS". El País. 11 de setembro de 1977. 
  2. 2,0 2,1 "Hallados muertos Alfons Quintà y su mujer en su domicilio de Barcelona". La Vanguardia. 
  3. 3,0 3,1 «Cambios en la Redacción de EL PAIS».
  4. Guimerà Orts, Josep Àngel (2014). "La Corporació Catalana de Ràdio i Televisió: una institució estratègica". Les polítiques de mitjans de comunicació durant els governs de Jordi Pujol. Proa. ISBN 978-84-7588-497- 4. 
  5. Martínez, Félix; Oliveres, Jordi (2005). Jordi Pujol: en nombre de Cataluña (en castelán). Random House Mondadori. pp. p. 215. ISBN 978-84-8306-599-0. 
  6. Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals, SA, ed. (19 de decembro de 2016). "Trobats morts el primer director de TV3, Alfons Quintà, i la seva dona". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]