Alfons Paquet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfons Paquet
Nacemento26 de xaneiro de 1881
 Wiesbaden
Falecemento8 de febreiro de 1944 e 1944
 Frankfurt
Causabombardeamento aéreo
NacionalidadeReich alemán
Ocupaciónescritor e xornalista
PremiosMedalha Goethe de Arte e Ciência
Na rede
Musicbrainz: f1763ade-b220-4771-8275-e3a47b81563f IMSLP: Category:Paquet,_Alfons Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Placa dedicada a Paquet na Academia das Artes

Alfons Paquet, nado en Wiesbaden o 26 de xaneiro de 1881 e finado en Frankfurt o 8 de febreiro de 1944, foi un xornalista e escritor alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 1900 estableceu en Berlín, traballando como xornalista e publicando o seu primeiro libro, unha colección de relatos, ao ano seguinte. Foi editor xefe da revista cultural de Düsseldorf Die Rheinlande e desde 1904 traballou para o Frankfurter Zeitung realizando asemade estudos de economía na Universidade de Jena que rematou en 1907. A partir de 1910 traballou no Desde 1903 realizou extensas viaxes por Asia, Europa e os Estados Unidos que lle serviron para escribir libros sobre a situación política e social de numerosos destes países cun estilo vívido, entre eles Anatolien und eine deutschen Bahnen (1906), Asiatiche Reibungen(1910), Im kommunistischen Russland (1919), Der Geist der russischen Revolution (1919), Der Rhein als Schicksal oder das Problem der Völker (1920), Rom oder Moskau (1923) ou Städte, Landschaften und ewige Bewegungen (1927). Paquet escribiu as novelas Konrad Fleming (1911-26) e Die Prophezeiungen (1922), e as obras teatrais Fahnen (1922), Sturmflut (1926) e Eleonora Duse (1929). Partidario dunha política pacifista, el mesmo fíxose cuáquero en 1933, e favorecedor dunha Alemaña que liderara un movemento de colaboración entre o leste e o oeste do continente, apoiou a República de Weimar e tras a chegada ao poder do nazismo renunciou ao seu asento na Academia Prusiana das Artes para non colaborar coas novas autoridades e en 1935 foi brevemente arrestado por comunista. Morreu dun ataque ao corazón durante un bombardeo aliado en Frankfurt.