Saltar ao contido

Alfa-1-microglobulina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A alfa-1-microglobulina (A1M, α1-microglobulina,[1] ás veces chamada proteína HC[2]) é unha microglobulina, unha pequena proteína globular. Atópase en todos os vertebrados, incluíndo os humanos e está distribuída no plasma sanguíneo e tecidos extravasculares de todos os órganos. Sintetízana a maioría das células do corpo, pero principalmente as do fígado,[3] a partir dun xene que codifica o precursor da alfa-1-microglobulina/bikunina.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

A A1M humana é un péptido de 183 aminoácidos que porta tres cadeas de carbohidratos. Pertence á familia proteica das lipocalinas, cuxos membros teñen forma de cesta construída con oito febras beta da cadea peptídica. Un residuo de cisteína nun dos bucles no extremo aberto da cesta é de importancia central para a súa función.

A A1M únese e degrada grupos hemo, é un retirador de radicais así como unha redutase. Propúxose un modelo no que a A1M se describe como un “caldeiro do lixo” circulante que continuamente retira radicais libres e axentes oxidantes, especialmente hemos, dos tecidos. Despois é transportada aos riles, onde é degradada. Crese, pois, que a proteína protexe as células e tecidos contra os danos que se inducen polas concentracións anormalmente altas de hemoglobina libre ou especies reactivas do oxíxeno (tamén chamado “estrés oxidativo”).[4]

A A1M é tamén inmunorregulatoria: a resposta inmune dos linfocitos e neutrófilos é en parte suprimida pola A1M.[5]

Papel na diagnose

[editar | editar a fonte]

A A1M pode utilizarse como indicador da proteinuria. O test pode considerarse positivo cando a razón de A1M (en miligramos) e de creatinina en milimoles na urina é duns 0,7 mg/mmol.[6]

Propúxose tamén un test para a preeclampsia, na que a A1M serve como marcador diagnóstico. Baséase no feito de que o estrés oxidativo nos tecidos da placenta desencadea a síntese endóxena e a concentración en plasma da proteína.[7]

Potencial terapéutico

[editar | editar a fonte]

A A1M é candidata para varias aplicacións terapéuticas, como o tratamento ou alivio da preeclampsia, danos causados nos tecidos por hemorraxias cerebrais e úlceras crónicas nas pernas.[4]

  1. B. Ekström, P.A. Peterson, I. Berggård "A urinary and plasma alpha-1-glycoprotein of low molecular weight: isolation and some properties." Biochem. Biophys. Res. Commun 1975, vol.
  2. Tejler, L.; Grubb, A.O. (1976). "A complex-forming glycoprotein heterogeneous in charge and present in human plasma, urine, and cerebrospinal fluid". Biochim Biophys Acta 439 (1): 82–94. PMID 952962. doi:10.1016/0005-2795(76)90164-1. 
  3. Magnus G Olsson, 2009. Alpha-1-microglobulin: Innate defence against pathological oxidation.
  4. 4,0 4,1 Olsson, M. G.; Allhorn, M.; Bulow, L.; Hansson, S.R.; Ley, D.; Olsson, M.L.; Schmidtchen, A.; Akerstrom, B. (2012). "Pathological conditions involving extracellular hemoglobin: molecular mechanisms, clinical significance, and novel therapeutic opportunities for alpha-1-microglobulin". Antioxid Redox Signal 17 (5): 813–846. PMID 22324321. doi:10.1089/ars.2011.4282. 
  5. Åkerström, B.; Lögdberg, L.; Berggård, T.; Osmark, P.; Lindqvist, A. (2000). "Alpha-1-microglobulin: a yellow-brown lipocalin". Biochim Biophys Acta 1482 (1–2): 172–184. PMID 11058759. doi:10.1016/s0167-4838(00)00157-6. 
  6. Tencer, J.; Thysell, H.; Grubb, A. (1996). "Analysis of proteinuria: reference limits for urine excretion of albumin, protein HC, immunoglobulin G, k- and Δ-immunoreactivity, orosomucoid and α1-antitrypsin". Scandinavian Journal of Clinical and Laboratory Investigation 56 (8): 691–700. PMID 9034350. doi:10.3109/00365519609088816. 
  7. Olsson, M.G.; Centlow, M.; Rutardottir, S.; Stenfors, I.; Larsson, I.; Hosseini-Maaf, B.; Olsson, M.L.; Hansson, S.R.; Åkerström, B. (2010). "Increased levels of cell-free hemoglobin, oxidation markers, and the antioxidative heme scavenger alpha-1-microglobulin in preeclampsia". Free Radic Biol Med 48 (2): 284–291. PMID 19879940. doi:10.1016/j.freeradbiomed.2009.10.052.