Alexandros Papagos
Alexandros Papagos | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 9 de decembro de 1883 |
Lugar de nacemento | Atenas |
Falecemento | 4 de outubro de 1955 |
Lugar de falecemento | Atenas |
Nacionalidade | Grecia |
Etnia | Gregos |
Alma máter | Royal Military Academy e Varvakeio |
Ocupación | político e militar |
Pai | Leonidas Papagos |
Fillos | Leonidas Papagos |
Premios | Knight Grand Cross of the Order of the British Empire, Grand Cross of the Order of the Redeemer, Gold Cross of Valour, Grande Cruz do Mérito da República Federal da Alemanha, Medalha Militar, Cruz de guerra 1939-1945, Lexión de Honra, Gran Cruz da Orde da Torre e a Espada e Grand Cross of the Order of Orange-Nassau |
Na rede | |
![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Aléxandros Papagos (Αλέξανδρος Παπάγος), nado en Atenas o 9 de decembro de 1883 e finado en Atenas o 4 de outubro de 1955, foi un mariscal de campo grego, que comandou o exército grego na guerra ítalo-grega, así como nas últimas etapas da Guerra Civil Grega. Posteriormente converteuse en primeiro ministro do seu país.
Biografía[editar | editar a fonte]
Inicios e carreira militar[editar | editar a fonte]
Papagos naceu nunha familia acomodada, en Atenas, en 1883.[1] Grazas á súa orixe e aos contactos coa corte logrou ser enviado a estudar na academia de cabalaría de Bruxelas.[1] En 1906 uniuse ao exército grego. A súa lealdade á monarquía durante a crise entre Eleftherios Venizelos e os monarcas levoulle a ser expulsado polos partidarios do primeiro en 1917.[2] O cambio de fortuna dos dous bandos políticos fixo que fose readmitido en 1920, tras a derrota electoral de Venizelos.[2]
Posguerra[editar | editar a fonte]
Participou na fracasada campaña de Asia Menor, sendo de novo expulsado en 1923 tras o seu intento infrutuoso de pronunciamento para tratar de eliminar das forzas armadas os elementos antimonárquicos.[2] En 1927 e grazas ao acordo temporal entre venicelistas e antivenicelistas puido regresar ao Exército.[2]
Restauración monárquica[editar | editar a fonte]
A súa participación foi notable na restauración da monarquía en 1935 e foi nomeado ministro de Asuntos Militares no gabinete de Konstantinos Demertzis.[2] Substituído polo rei Xurxo á fronte do ministerio por Ioannis Metaxas tras as eleccións de 1936, isto frustrou as súas ambicións de exercer de intermediario entre as forzas armadas e o soberano.[2]
Comandante en xefe e a guerra mundial[editar | editar a fonte]
Ao longo dos anos escalou varios postos até chegar a comandante en xefe, e comandou as forzas gregas contra a invasión italiana de outubro de 1940.[2] Repeleu o primeiro avance italiano e obrigou ao Exército italiano a replegarse a Albania. Metaxas, a diferenza do rei, desconfiaba da capacidade de Papagos e mantívoo na capital gran parte da campaña, que tivo que dirixir desde Atenas.[2] Metaxas influíu nas decisións militares até a súa morte en xaneiro de 1941.[2] A pesar de que un segundo ataque tamén foi rexeitado, Alemaña entrou na guerra a comezos de abril, e os gregos foron derrotados e obrigados a capitular.
Papagos foi arrestado e enviado a un campo de concentración en 1943, sendo devolto ao país en 1945.
A guerra civil e á fronte do goberno[editar | editar a fonte]
En 1949 foi novamente el quen comandou ao exército grego contra as forzas comunistas. En 1952 foi elixido primeiro ministro, cargo que desempeñou até o día da súa morte.
Notas e referencias[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Higham, Robin; Veremis, Thanos (1993). The Metaxas Dictatorship: Aspects of Greece: 1936-40 (en inglés). Elliniko Idryma Amyntikis Kai Exoterikis Politikis. p. 240. ISBN 9789607061140.