Alexandre do Nascimento
Alexandre do Nascimento | |
---|---|
![]() | |
Cardeal da Igrexa católica | |
Biografía | |
Nacemento | 1 de marzo de 1925 en Malanje, Angola |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 20 de decembro de 1952, por Luigi Traglia |
Consagración episcopal | 31 de agosto de 1975, por Giovanni De Andrea |
Creado cardeal | 2 de febreiro de 1983, por Xoán Paulo II |
Arcebispo metropolitano de Luanda | |
1986 - 2001 | |
Predecesor | Eduardo André Muaca |
Sucesor | Damião António Franklin |
Outros | |
![]() Escudo de Alexandre do Nascimento | |
Turris fortissima nomen Domini | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Alexandre do Nascimento, nado o 1 de marzo de 1925 en Malanje (Angola) é un eclesiástico católico latino, arcebispo metropolitano de Luanda entre 1986 e 2001, e cardeal dende 1983.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Malanje o 1 de marzo de 1925. O 20 de decembro de 1952 foi ordenado sacerdote polo arcebispo Luigi Traglia.
O 10 de agosto de 1975 foi nomeado bispo de Malanje. Recibiu a ordenación episcopal o 31 de agosto do mesmo ano, de mans do delegado apostólico Giovanni De Andrea. O 3 de febreiro de 1977 foi nomeado arcebispo metropolitano de Lugango.
No consistorio do 2 de febreiro de 1983 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de cardeal-presbítero de San Marco in Agro Laurentino. O 16 de febreiro de 1986 o mesmo papa nomeouno arcebispo metropolitano de Luanda.
En 2015 ingresou na Orde de Predicadores.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ de Carvalho, Vanda (5 de xuño de 2015). "Cardeal Alexandre ingressa para as fraternidades sacerdotais dos Dominicanos". Rádio Ecclesia (radioecclesia.org) (en portugués). Consultado o 4/11/2020.