Aleksandr Ulianov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Alexander Uliánov")
Aleksandr Ulyanov.

Aleksandr Ilich Ulianov (en ruso: Александр Ильич Ульянов), nado o 12 de abril de 1866 e finado o 20 de maio de 1887, foi un revolucionario ruso, irmán maior de Vladimir Lenin.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo de Ilia Nikolaevich Ulianov (1831-1886) e Maria Aleksandrovna Blank (1835-1916), foi o maior de catro irmáns (Dmitri, Maria, Anna e Vladimir), Aleksandr Ulianov graduouse na escola de Simbirsk en 1883 ca medalla de ouro e ingresou na Universidade de San Petersburgo, onde se licenciou en ciencias naturais e obtivo outra medalla de ouro polo seu traballo en zooloxía. Na universidade participou en reunións ilegais e manifestacións, ademais de pronunciar discursos ante estudantes e traballadores. En 1886, converteuse en membro da organización armada Narodnaya Volia (Vontade do Pobo).

En 1887 integrou un grupo que intentou asasinar ao tsar Alexandre III, motivo polo cal foi aforcado en Shlisselburg en 1887. A súa execución tivo un grande impacto no seu irmán, quen sería o futuro líder e creador da Unión Soviética.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Flag-map of Russia.svg
A Galipedia ten un portal sobre:


Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]