Aleksandr Ulianov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aleksandr Ulianov
Nome completoАлександр Ильич Ульянов
Nacemento31 de marzo de 1866
Lugar de nacementoNizhnii Novgorod
Falecemento8 de maio de 1887
Lugar de falecementoShlisselburg
Causaenforcamento
NacionalidadeImperio Ruso
Alma máterSimbirsk Classical Gymnasium e Universidade Estatal de San Petersburgo
Ocupaciónrevolucionario e estudante
PaiIlia Uliánov
NaiMaria Alexandrovna Blank
IrmánsLenin, Dmitry Ilyich Ulyanov, Maria Ilyinichna Ulyanova, Olga Ulyanova e Anna Ulyanova
Na rede
IMDB: nm11284339 Find a Grave: 15788420 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Aleksandr Ilich Ulianov (en ruso: Александр Ильич Ульянов), nado o 12 de abril de 1866 e finado o 20 de maio de 1887, foi un revolucionario ruso, irmán máis vello de Vladimir Lenin.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo de Ilia Nikolaevich Ulianov (1831-1886) e Maria Aleksandrovna Blank (1835-1916), foi o maior de catro irmáns (Dmitri, Maria, Anna e Vladimir), Aleksandr Ulianov graduouse na escola de Simbirsk en 1883 coa medalla de ouro e ingresou na Universidade de San Petersburgo, onde se licenciou en ciencias naturais e obtivo outra medalla de ouro polo seu traballo en zooloxía. Na universidade participou en reunións ilegais e manifestacións, ademais de pronunciar discursos ante estudantes e traballadores. En 1886, converteuse en membro da organización armada Narodnaya Volia (Vontade do Pobo).

En 1887 integrou un grupo que intentou asasinar ao tsar Alexandre III, motivo polo cal foi aforcado en Shlisselburg en 1887. A súa execución tivo un grande impacto no seu irmán, quen sería o futuro líder e creador da Unión Soviética.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]