Alexander Dukhnovich
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1802 Topoľa, Eslovaquia (pt) |
Morte | 30 de marzo de 1865 (62 anos) Prešov, Eslovaquia (pt) |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | poeta, sacerdote católico, escritor, pedagogo |
Descrito pola fonte | Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) , (vol:14, p.430) Obálky knih, Pedagogues and Psychologists of the World (en) , |
Alexander Vasilyevich Dukhnovich, nado en Topoľa o 24 de abril de 1803 e finado en Prešov o 30 de marzo de 1865, foi un sacerdote, escritor, pedagogo, e activista social dos rutenos dos Cárpatos. Está considerado como un primeiro elo no rexurdimento (en ruteno: Будитиль, Budytyl') dos rutenos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nos Cárpatos, nunha rexión entón baixo a soberanía dos Habsburgo, e agora de Eslovaquia. Era fillo dun sacerdote grecocatólico, e foi a unha escola húngara en Uzhhorod (1816 a 1821). Máis tarde estudou filosofía nunha academia en Košice (1821–1823), e teoloxía no Seminario Teolóxico de Uzhhorod (1824–1827). Ordenouse sacerdote en 1829 e entre 1827 e 1830 e de novo en 1832 traballou como arquivista e profesor na chancelería da eparquía de Prešov De 1833 a 1838, serviu como sacerdote en pequenas aldeas rutenas de Transcarpacia (no actual oblast de Zakarpattia en Ucraína) e de 1838 a 1841 traballou na administración da eparquía de Mukachev en Uzhhorod[1]. Desde 1843 foi coéngo en Prešov.
Dukhnovych empezou a escribir poemas nos seus anos mozos en húngaro moi influencido polo romanticismo húngaro.[1]. Apoiou a educación e o rexurdimento cultural dos rutenos contra a maxiarización. En 1850 estableceu a primeira asociación cultural rutena, a Sociedade Literaria de Prešov que nos seus tres anos de existencia publicou varios libros e anuarios, escritos estes últimos en gran parte polo propio Dukhnovych [2], e así o seu poema patriótico máis famoso "la rusyn byl, ies'm i budu" publicouse no anuario de 1851. Este poema converteríase máis tarde no himno nacional dos rutenos dos Cárpatos. Dukhnovych tamén publicou varios libros pedagóxicos e relixiosos, libros de texto e unha gramática. Os seus traballos académicos máis famosos foron unha historia da eparquía de Prešov escrita en latín e publicada postumamente en ruso como Istoriia Priashevskoi eparkhii (1877), Corpus juris in compendio exhibens: jus canonicum, constitutionum, et decretorum. Eperjesini en 1847 e mais unha historia dos rutenos dos Cárpatos que completou en ruso en 1853 e que se publicou póstuma: Istinnaia istoriia Karpato-Rossov ili Ugorskikh Rusinov (1914) . Escribiu libros de texto para as escolas rutenas Knyzhytsia chytalnaia dlia nachynaiushchykh (1847), Kratkyi zemlepys dlia molodykh Rusynov (1851), unha gramática de ruteno rusificado[1](ou iazychie para os rutenos) Sokrashchennaia grammatika pis’mennago russkago iazyka (1853), un manual pedagóxico Narodnaia pedagogiia v pol’zu uchilishch i uchitelei sel’skikh (1857) e libros de oracións e litúrxicos Liturgycheskii katekhyzys (1851) Molytvennyk dlia russkykh ditei (1854), e o máis popular Khlib dushy yly nabozhnyia molytvy y pisny dlia vostochnyia tserkvy pravoslavnykh-khristiian (1851; 8ª ed. 1877) Os seus últimos anos dedicounos ao desenvolvemento da educación e da escolarización entre os rutenos locais. Nun esforzo para limitar a maxiarización da poboación rutena fundou con Adolf Dobryansky a Sociedade San Xoán Bautista (1862). Entre 1967 e 1989 aparecen tres volumes das súas obras completas Tvory
Ideoloxía
[editar | editar a fonte]Dukhnovych está considerado un dos principais humanistas e educadores rutenos. Os seus principios estaban baseados no cristianismo e no idealismo.[3]
Dukhnovych tamén participou activamente no movemento rusófilo que se deu entre os rutenos, e ucraínos, no século XIX. Non obstante Dukhnovych adoptou o principio dos dous estilos[1]: o baixo para o consumo popular no que empregaba a fala do pobo, o ruteno, e utlizaba nos seus libros de texto, relixiosos, poesías e pezas de teatro, como Dobroditel’ prevyshaet’ bohatstvonon (1850). As súas obras máis eruditas escribíaas no estilo alto, ou iazychie, unha escrita na que se integraba léxico ruteno (na versión empregada polos autores rutenos), sempre escollendo as formas coincidentes ou máis próximas ao ruso, o eslavónico eclesiástico, o ruteno antigo, e o ruso que cada autor integraba segundo os seus intereses. O iazchie víase como unha solución temporal ata que os rutenos adoptasen o ruso como lingua literaria. Duknovych rexeitaba que o ruteno fose unha lingua separada nin desexaba contribuír á creación dunha lingua literaria para os rutenos, e tamén rexeitaba que os ucraínos fosen unha nacionalidade e a lingua empregada polos ucrainófilos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Alexander Duknovich Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. World Academy of Carpatho Russyn Culture
- ↑ Elaine Rusinko (2003) Straddling Borders: Literature and Identity in Subcarpathian Rus'. University of Toronto Press, p. 130
- ↑ litopys.org.ua
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alexander Dukhnovich |