Aleksandra Andreevna Antonova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aleksandra Andreevna Antonova
АААнтонова.jpg
AlcumeСа̄нндрэ Антонова
Nacemento5 de maio de 1932
 Teriberka
Falecemento8 de outubro de 2014
 Lovozero
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
Alma máterHerzen University
Ocupaciónpoeta, autora, escritora, tradutora, pedagoga e mestra
PremiosGollegiella
editar datos en Wikidata ]

Aleksandra Andreevna Antonova (Александра Андреевна Антонова), tamén coñecida como Sandra Antonova (Са̄нндрэ Антонова), nada en Teribërka o 5 de maio de 1932 e finada en Lujāvv'r o 8 de outubro de 2014, foi unha mestra, tradutora e escritora saami, recoñecida como a principal autora en saami de Kildin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en plena tundra preto de Teribërka na costa do mar de Barents, seus pais eran pastores de renos e foi por primeira volta á escola cando contaba con dez anos, en 1942[1]. Na súa mocidade foi informante de etnógrafos rusos. Entrou no Instituto Pedagóxico de Leningrado en 1949 e tras graduarse en 1956 volveu á súa terra natal traballando como profesora de lingua e literatura rusa [2], e dende 1976 tamén deu clases de saami na escola primaria de Lujāvv'r. Dende 1978 colaborou cun grupo de traballo dirixido por Rimma Kuruch para elaborar unha nova ortografía para o saami de Kildin despois de que se deixasen de imprimir materiais na lingua en 1937; recolleu e reescribiu historias tradicionais saami que se publicaron nas coleccións Saamskiye skazki (1980) e Legendy i mify Severa (1985). En 1982 saíu do prelo primeiro libro que se publicou na nova ortografía, e tamén o primeiro dende 1937, e foi da súa autoría, Saamski bukvar, unha obra escolar que se editou en 1982. Colaborou nos dicionarios de Georgi Martinovitch Kert e Kuruch, ámbolos dous publicados en 1985. Antonova tamén foi responsable[3] da revitalización dos xogos tradicionais saami, o primeiro festival realizouse en 1986 cun programa realizado por Antonova e dende aquela celébranse anualmente en Lujāvv'r no mes de xuño e en Loparskaja en outubro. Entre 1993 e 2007 foi locutora e ensinou saami na radio municipal de Lujāvv'r.

Publicou unha colección de poemas para nenos e realizou numerosas traducións, ademais de ficción tamén traduciu literatura relixiosa. Dende 2000 publicou en diversas revistas traducións de Sergei Esenin que culminou en 2008 coa publicación de Sergei Esenin saamas en colaboración con Sofija Jakimovich, constituíndo o primeiro libro de Esenin publicado nunha lingua saami[4]. En 1996 publicou unha biblia infantil e nese ano apareceu tamén a súa tradución do escritor saami en ruso Askold Bazhanov. En 2012 Antonova recibiu o premio Gollegiella, outorgado pola súa contribución ao saami. En 2013 apareceu a tradución das tres obras da serie Pippi Mediaslongas da autora sueca Astrid Lindgren que contou co patrocinio do goberno de Murmansk, constituíndo a primeira obra en prosa traducida na súa totalidade ao saami de Kildin[5] e o texto literario máis longo nesa lingua.

Obra[editar | editar a fonte]

Libros de texto
  • 1982 Са̄мь букварь. Leningrado.
  • 2004 А̄й са̄ннҍ San Petersburgo.
Dicionarios
  • 1985 Саамско-русский словарь. Murmansk (en colaboración con Nina E. Afanasjeva, Rimma D. Kurutj, Ekaterina I. Metjkina, Lasar D. Jakovlev, Boris A. Gluhov).
  • 2014 Са̄мь-Рӯшш са̄ннҍнэххьк. Murmansk.
Ficción
  • 2004 Пӣрас: стӣха кыррьй паррнэ гуэйкэ = Bearaš: mánáid diktagirji. Kárášjohka.
  • 2007 Струны сердца. Murmansk.
Bibelöversättning
  • 1996 Ӣсус – па̄ррнэ ка̄ннҍц (Biblia para nenos «Xesús – amigo dos cativiños»). Estocolmo.
Traducións
  • 1996 Виллькесь пуаз (novela de Bazhanov «Белый олень»). Kárášjohka.
  • 2003 Ка̄йне ла̄йххь (contos de N. P. Bolshakov «Подарок чайки»). Murmansk.
  • 2008 Сергей Есенин на саамском. Стихотворения. Murmansk (en colaboración con Sofija E. Jakimovich).
  • 2013 Та̄рьенч Кукесьсуххк (Pippi Mediaslongas). Murmansk.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ivan Ganin. "Антонова — духовный лидер кольских саамов" Komsomolskaya Pravda, 5 de maio de 2014
  2. Бакула В. Б. (24 de maio de 201224). "Антонова Александра Андреевна". Сайт Информационного центра Finugor. Arquivado dende o orixinal o 2014-10-20. 
  3. "На суше и на воде. Саамские игры в селе Ловозеро" tv21.ru
  4. Книги на саамском языке Портал Финно-Угорские Библиотеки России
  5. "Детям в Заполярье будут читать переведенную на саамский язык книгу «Пеппи длинный чулок»". Интерфакс. 24 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2014.