Lingua saami de Kildin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Saami de Kildin»)
Lingua saami de Kildin
Кӣллт са̄мь кӣлл (Kiillt saam' kiill)
Falado en: Rusia
Rexións: Península de Kola, Laponia
Total de falantes: c. 500 (segundo o censo de 2010)[1]
Familia: Linguas urálicas
 Linguas saamis
  Linguas saamis orientais
   Lingua saami de Kildin
Escrita: Cirílico
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: sjd
Mapa

A lingua saami de Kildin é a número 8.
Status

O saami de Kildin está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua saami de Kildin (Kiillt saam' kiill ou Кӣллт са̄мь кӣлл en cirílico) é unha lingua urálica falada polo pobo saami na península de Kola, en Rusia. A área coa maior concentración de falantes atópase arredor de Lovozero. Trátase da lingua saami oriental con maior número de falantes, mais o seu futuro non está asegurado porque o número de persoas que a utilizan de xeito activo é moi reducido. Así e todo conta coa súa propia tradición literaria, salientando a autora Aleksandra Andreevna Antonova. As linguas saamis máis relacionadas co saami de Kildin son o saami de Ter e o saami de Akkala, esta última xa extinta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Informe do Ethnologue para o saami de Kildin
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]