Alejandro de Diego Gómez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) Madrid, España |
Alejandro de Diego Gómez, nado en Madrid en 1961, é un funcionario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito na Universidade Complutense de Madrid. En decembro de 1981 tomou posesión como Secretario do Concello de Sobrado dos Monxes e agosto de 1982 trasladouse a Avión, onde continua a ocupar o mesmo cargo. Dende 1987 a 1992 foi Presidente Colexio Provincial de Ourense de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local, promoveu tamén a creación da Federación Galega e Colexios, sendo o seu primeiro secretario. Avoga pola fusión de concellos e está a escribir artigos e informes respecto a estas[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alejandro de Diego Gómez. Hacia la fusión no traumática de Ayuntamientos.