Alejandro Simón Partal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlejandro Simón Partal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xullo de 1983 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Estepona Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, poesía, Prosa, filoloxía, Estudos de xénero, Spanish poetry (en) Traducir e crítica literaria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , crítico literario , escritor , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata

Alejandro Simón Partal, nado o 26 de xullo de 1983 en Estepona (Málaga) é un escritor e poeta español. Recibiu o XXXVIII Premio de Poesía Arcipreste de Hita polo poemario La fuerza viva.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid.[1] Como investigador estivo vinculado á Universidade de Salamanca; o seu labor centrouse no estudo da obra de poetas contemporáneos. O seu proxecto La carencia de Eros: felicidad en el medio siglo obtivo a XXII Bolsa de Investigación Literaria Miguel Hernández 2016 e a súa publicación pola UNED.[2] Entre 2015 e 2016 estivo dando clase en Calais (Francia)[3].

A súa obra inclúe os poemarios El guiño de la Chatarra (2010), Nódulo Noir (2012) e Los himnos abdominales (2015), todos eles publicados pola Editorial Renacemento, e o ensaio A cuerpo gentil: belleza y deporte en la poesía de González-Iglesias (Visor, 2017).[1] En 2023 publicou a antoloxía Ese de anoche, que recolle versos antigos xa publicados e tamén unha presada de inéditos.

Ten colaborado en diversos medios como El Estado Mental, El País ou Diario de Sevilla, entre outros.

En 2017 obtivo o XXXVIII Premio de Poesía Arcipreste de Hita coa súa obra La fuerza viva (Pre-Textos, 2017).[4][5]

En setembro de 2021 publicouse a súa primeira novela "La Parcela" (2021)[6].

Obra[editar | editar a fonte]

  • El guiño de la Chatarra (2010). Editorial Renacimiento.
  • Nódulo Noir (2012). Editorial Renacimiento.
  • Los himnos abdominales (2015). Editorial Renacimiento.
  • La fuerza viva (2017). Editorial Pre-textos.
  • Una buena hora (2019). Editorial Visor.
  • Ese de anoche (2023). Aguilar.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A cuerpo gentil: belleza y deporte en la poesía de González-Iglesias (2017)
  • Las virtudes de lo ausente: fe y felicidad en la poesía española contemporánea (2018)

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Sed despojo (2016)
  • Resistencia y sumisión (2019)

Novela[editar | editar a fonte]

  • La parcela (2021)

Distincións[editar | editar a fonte]

  • Premio Cálamo Otra Mirada por La parcela (2021).[7]
  • LI Premio Internacional de Poesía Hermanos Argensola (2019)
  • XXXVIII Premio de Poesía Arcipreste de Hta (2017)
  • II Premio Ciudad de Estepona, modalidade de poesía, co poema "Asentos Reservados" (2009)

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Dos poemas de Alejandro Simón Partal (España, 1983)". Oculta. 13 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 23 de outubro de 2017. 
  2. Sotorrío, Regina (21 de novembro de 2016). "Alejandro Simón: «La felicidad es un proceso de la madurez, de joven quieres ser un poeta maldito»". Diario Sur. 
  3. Casielles, Laura (2021-12-17). "Alejandro Simón Partal: "Las fronteras no tienen nada que ver con los márgenes, están en el centro mismo de quien las vive"". lamarea.com (en castelán). Consultado o 2023-11-10. 
  4. Bagué Quílez, Luis (19 de abril de 2017). "La fuerza del cuerpo". El País. 
  5. "Instantes únicos". Diario de Sevilla. 
  6. Barrau, Daniel Montserrat (15 de septiembre de 2021). "Alejandro Simónlanza un alegato por la vida en 'La Parcela'.". Periódico de Aragón. 
  7. Redacción (17 de xaneiro de 2022). "Elaine Vilar Madruga se hace con el premio Cálamo por 'La tiranía de las moscas'". El Periódico. Consultado o 17 de xaneiro de 2022.