Aleixandre Lago Barcala
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1992 (31 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Familia | |
Pais | Xulio Lago e María Barcala |
Aleixandre Lago Barcala, nado na Coruña o 9 de setembro de 1992, é un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viviu en Sésamo ata 2010. Marchou a Barcelona onde fixo o Grao de Filosofía (2010-2014) e despois o máster (2016-17) co traballo Mímesis y conocimiento en Aristóteles. Fundador de Occasus Ventus, revista literaria do Colexio Maior Ramón Llull, e do Seminario de Estudantes de Estética da Universidade de Barcelona. Fixo estudos de Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como técnico e administrativo na compañía Teatro do Atlántico. Colaborou na revista dixital Parafernalia.
Obras
[editar | editar a fonte]- Cartafol de miraxes, 2018.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Dúas donas que bailan de Josep Maria Benet i Jornet.
Premios
[editar | editar a fonte]- XV Premio de poesía Díaz Jácome (2014).
- XLIV Certame Literario de Vilalba (2018), por Cartafol de miraxes.[1]